Evento: Romaría da Nosa Señora da Barca
Romaría da Nosa Señora da Barca
Romaría da Nosa Señora da Barca
Festa de Interese Turístico popularmente coñecida pola Pedra da Abalar, Pedra dos cadrís ou o feito de facer bailar a Pedra
Vila típica de pescadores no rigor da Costa da Morte. Espazos de gran beleza, con grandes moles graníticas raídas incesantemente polo mar. Na caída do Monte Corpiño está o popular e cantado Santuario da Virxe da Barca, onde cada domingo seguinte ao 8 de setembro se celebra esta romaría tan chea de connotacións panteístas ancestrais: o paso por debaixo da "Pedra dos Cadrís" ou o feito de "facer bailar" a oscilante "Pedra de Abalar", a procesión e o consabido xantar, no que non faltan as caldeiradas de peixe que caracterizan a zona.