Evento: Por un amor común. Homenaxe a Francisco Cortegoso
Por un amor común. Homenaxe a Francisco Cortegoso
Amigos, xente achegada a Francisco Cortegoso, queren sumarse ás homenaxes realizadas na Coruña, Vigo e Compostela para celebrar a obra do poeta na cidade que o viu nacer. Autor de ‘Memorial e danza’ (Espiral Maior, 2014) e ‘Suicidas’ (Chan da Pólvora, 2016), a obra de Francisco Cortegoso supón un dos máis ambiciosos e orixinais exercicios de escrita poética da literatura galega última. Unha escritura que dá en explorar as estremas do lírico para concibir o poema como materia que acontece.
No contexto dunha entrevista na Radio Galega con Xiana Arias a propósito da publicación de ‘Memorial e danza’, Fr...ancisco Cortegoso dixo que un dos seus obxectivos como escritor era superar o amor romántico en favor dun amor común. Ese amor comunitario, vivo na memoria dos seus amigos, que mediante este acto procuran homenaxear a súa poesía e a súa vida.
ORGANIZA: Concello de Pontevedra, Ateneo de Pontevedra, Libraría Paz e Chan da Pólvora.
PRESENTA: Silvia Penas.
PROGRAMA
RECITAL: Oriana Méndez, Anxos Sumai, Genaro da Silva, Claudio Pato, Adrià Targa, Isaac Xubín.
TEXTOS DE HOMENAXE: Chus Pato, Xabier Cordal.
VIDEOPOESÍA: Alba Cid, Jesús Castro, Gonzalo Vázquez.
PALABRAS DE AMIZADE: Alicia Fernández, Gonzalo Hermo.
VÍDEO-HOMENAXE: Xes Chapela.
MÚSICA: Atrás tigre (Xiana Arias, Pedro Solla, Olalla Cociña, Antón Blanco).