Evento: Anima iTablet
Anima iTablet
martes, 18 xullo, 2017 a venres, 21 xullo, 2017
Centro Galego de Arte Contemporánea,
Santiago de Compostela Anima iTablet
Obradoiro de animación audiovisual
Dirixe: Alberto Vázquez e Carina Moreira, educadores e artistas, Asociación Espacio Rojo
Do 18 ao 21 de xullo de 2017
Horario: de 11:00 a 13:00 h
Idade: de 7 a 9 anos
Prazas: 15
A todos nos gusta usar unha tableta, especialmente á xente nova, pero podemos facelo dunha forma creativa? Neste taller explorarase e desenvolverase a creatividade a través da animación creando pequenas pezas/curtametraxes.
En Anima iTablet daráselle vida a obxectos e personaxes, desenvolvendo habilidades con axuda da tecnoloxía. Traballando de forma colaborativa, porán voces, música e editarán unha historia para crear a súa pequena grande animación.
Máis información: http://cgac.xunta.gal/GL/actividad-detalle/145/talleres_lecer_2017
Ligazóns