Evento: Festa do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas

Festa do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas
xoves, 18 xullo, 2024 a martes, 23 xullo, 2024
Bouzas,
Vigo

Festa do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas

Festa de Interese Turístico

Declarada Festa de Interese Turístico de Galicia en 2004, a festa do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas conta cun grande arraigo popular no seu contorno. Durante cinco días celébranse distintos actos, entre os que destacan o pregón, a regata internacional de faluchos (embarcacións tradicionais de vela latina), a procesión e o Festival Poético Piro-Musical "Cidade de Vigo - Vila de Bouzas", que adoita retransmitir en directo Televisión de Galicia. Verbenas, concursos de redacción e pintura e torneos deportivos completan a programación festiva. O domingo pola noite, os veciños de Bouzas, antiga vila pesqueira, anexionada ao municipio de Vigo en 1904, acompañan ao Santo Patrón, a ombreiros dos portadores, nunha procesión na que participan tamén as autoridades. A este solemne acto, seguido por milleiros de persoas, séguelle a gran tirada de fogos de artificio. Desde os peiraos de Bouzas e os miradoiros de Vigo –Paseo Alfonso, montes do Castro e da Guía– o espectáculo sobre a ría de Vigo é admirado por un inmenso xentío.



Destacado: Festival pirotécnico.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festividade da Virxe de Guadalupe
13 de setembro a 20 de setembro
varios espazos
Romaría da Saínza
20 de setembro a 24 de setembro
Rairiz de Veiga
Festa do Poldro de Muras
22 de setembro
Muras
Festa de San Miguel e Danza das Espadas
29 de setembro
Avenida de Ourense