Evento: Mercadillo del Gato

  • Mercadillo del Gato
  • Mercadillo del Gato
  • Mercadillo del Gato
  • Mercadillo del Gato
Mercadillo del Gato
mércores, 2 agosto, 2017 a martes, 15 agosto, 2017
Gran Talaso Hotel,
Sanxenxo

Mercadillo del Gato

Chega por primeira vez a Sanxenxo o esperado Mercadillo del Gato

Despois de máis de trinta edicións en Madrid, o famoso Mercadillo del Gato chega por primeira vez a Sanxenxo. Na capital conta con moito prestixio e sempre se sitúa nos mellores hoteis da cidade.

En Galicia, o evento é do 2 ao 15 de agosto e o horario de entrada ao recinto é desde as 11:00 ata as 14:30 horas e na tarde desde as 17:30 ata as 23:00  horas. O mercadillo sitúase no coñecido Gran Talaso Hotel de Sanxenxo, un luxoso hotel cunha localización privilexiada, no paseo da Praia Silgar. Esta é unha zona moi transitada no verán polos turistas que acoden a Sanxenxo atraídos polo bo tempo e as praias da zona. 

O Mercadillo del Gato deste ano está formado por 25 expositores onde se pode atopar unha ampla variedade de produtos: moda, complementos, artesanía, bixutería e decoración, entre outras moitas categorías. 

Ademais de poder atopar pezas de calidade, orixinais e exclusivas, no mercadillo os asistentes tamén poden gozar das últimas tendencias, e as da próxima tempada de outono/inverno. O Mercadillo del Gato é unha gran oportunidade para comprar pezas únicas, ademais de pasar un bo día paseando polos bonitos arredores do hotel onde se sitúa.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: Tirando do fío
2 de abril a 28 de maio
Museo de Belas Artes
Peza do mes: Máscara funeraria do padre Feijóo
1 de abril a 30 de abril
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Charla e presentación do cómic "Gloria"
9 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Tradición oral recuperada das tebras. Son contos... ou Historia?
14 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés