Evento: Festa gastronómica do Galo de Curral

Festa gastronómica do Galo de Curral
sábado, 25 maio, 2024 a domingo, 26 maio, 2024
Varios espazos,
Vila de Cruces

Festa gastronómica do Galo de Curral

Festa de Interese Turístico

Vila de Cruces coñece os segredos do galo de curral, e desde o ano 93 compárteos a través dunha cita gastronómica que inclúe, ademais da degustación popular deste produto, un programa de actividades nos que a música e a cultura son protagonistas. A festa naceu da man do colectivo de criadores de galo Agro, co fin de promocionar un prato elaborado cun produto criado de xeito natural por máis dunha vintena de produtores.
O segredo deste galo de curral radica na súa alimentación, xa que se cría ao ar libre con cereais, como millo, trigo e cebada, sen ningún tipo de aditivos. Ademais, a ave sacrifícase aos nove meses, cando habitualmente faise aos sete. O resultado é unha carne cun sabor máis intenso, máis bravo, de textura firme e con moi pouca graxa debido á alimentación e ao exercicio físico que lle obriga a vida no campo. O peso do galo de curral supera os catro quilos, unha vez limpo.
A súa carne é moi apreciada entre os cociñeiros e gourmets polo seu excelente sabor. E as súas calidades culinarias permitiron á festa formar parte da Rede Europea de Patrimonio Gastronómico que promove os produtos locais e a cociña tradicional.
Altos niveis de calidade e excepcional sabor son características do galo de curral, que é identificado por un anel numerado colocado na pata. A exhibición e venda dos mellores exemplares de galo de curral realízase na carpa da Praza de Abastos, aínda que a xornada festiva se complementa con diversas actuacións musicais.

Destacado: Os  mellores exemplares na Praza de Abastos

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa de Exaltación do Marisco
3 de outubro a 13 de outubro
Varias localizaciones
Festas de San Froilán
4 de outubro a 12 de outubro
Varios espazos
Festa da Faba de Lourenzá
5 de outubro a 6 de outubro
varios espacios
As San Lucas
16 de outubro a 20 de outubro
varios espacios