Evento: Romaría da Fraga

Romaría da Fraga
xoves, 25 xullo, 2024 - 11:00
Carballeira de Dona Rita,
As Pontes de García Rodríguez

Romaría da Fraga

Festa de Interese Turístico

As Fragas do Eume ben merecen unha visita en calquera época do ano pola beleza das paisaxes que traza o río encaixado entre frondosas e empinadas ladeiras. Para moitos especialistas, trátase do único exemplo de bosque atlántico que permanece en Europa e contan que o mesmo Lord Byron ficou namorado da paisaxe ao coñecer o lugar no que os monxes beneditinos instalaron o mosteiro de Caaveiro.
Mentres Galicia celebra o seu día grande e Compostela as súas festas do Apóstolo, os días 24 e 25 de xullo son para os veciños das Pontes e para os centos de visitantes que alí acoden dúas xornadas de troula ininterrompida, por moito que algúns queiran dicir que son quen de durmir nas cabanas que constrúen nas beiras do río, na Carballeira de Dona Rita.
A Romaría da Fraga comezou a celebrarse a principios do século XX nunha illa do Eume, polo que entón era coñecida como Romaría da Insua. Hoxe a illa xa non existe, e a festa ten lugar no devandito parque da Carballeira de Dona Rita, na entrada da vila. Ademais das celebracións relixiosas, na noite do día 24 celébrase un festival folk.

Destacado:
As casetas de madeira que constrúen os romeiros nas beiras do Eume na Carballeira de Dona Rita.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas
18 de xullo a 23 de xullo
Bouzas
Festa da Dorna de Ribeira
18 de xullo a 24 de xullo
Ribeira
Festividade do Apóstolo Santiago
19 de xullo a 31 de xullo
Santiago de Compostela
Festa da Vieira de Cambados
19 de xullo a 21 de xullo
Cambados