Evento: Festas de San Benitiño de Lérez

Festas de San Benitiño de Lérez
xoves, 11 xullo, 2024 - 07:00
Mosteiro San Salvador de Lérez,
Pontevedra

Festas de San Benitiño de Lérez

Festa de Interese Turístico

Nun pequeno montículo, á beira do río Lérez, sitúase o mosteiro de San Salvador de Lérez, cunha capela dedicada a San Bieito, o santo milagreiro ao que se lle atribúe a curación de enfermidades da pel, sobre todo verrugas e pústulas. Ata aquí desprázanse os romeiros para asistir a algunha das continuas misas que se celebran desde a mañá, achegarse á pota de cobre onde se queima o aceite milagreiro para adquirilo ou untarllo aí mesmo, e cumprir co rito de pasar por debaixo do altar do santo para obter as súas bendicións. Entregan como ofrenda ao santo todo tipo de alimentos, que pola tarde se venden na tradicional poxa no adro da igrexa, e revalidan a fe no que, segundo o canto popular, é o santo máis milagreiro: “Se vas a san Benitiño / non vaias ao de Paredes,/ que hai outro máis milagreiro,/ san Benitiño de Lérez”. Tras a procesión polos arredores da igrexa, na outra beira do río, nun espazo fluvial de grande interese natural chamado Os Salóns do Lérez, os romeiros inauguran a tempada de festas do verán de Pontevedra, e dan conta de grandes cantidades de mexillóns e empanada que ofrece o Concello.

Destacado:
O ritual dos romeiros en torno á pota de cobre do aceite milagreiro. Adquiren pequenos frascos de aceite ou úntano no lugar afectado.

 

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

As San Lucas
16 de outubro a 20 de outubro
varios espacios
Feira de Santos
1 de novembro
Varios espazos
Festa da Castaña
2 de novembro
Seoane do Courel