Evento: Tecidos e vestidos no laboratorio gráfico
Tecidos e vestidos no laboratorio gráfico
Tecidos e vestidos no laboratorio gráfico
Deseñadores emerxentes nunha mostra colectiva
Doce autoras e un autor saídos das aulas de Esdemga -Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galicia- protagonizan esta mostra, que quere descubrir aos asistentes o talento dos novos deseñadores e das novas deseñadoras formados en Galicia.
Na exposición poden verse traballos de Teresa Búa, Miriam Cartagena, Vicky Cordero, Isabel Domenech, Micaela Fernández, Melania Freire, Claudia González, Eduardo Outeiro, María Paz, Ana Pérez Valdés, Carlota Pérez, Rosa Reboreda e Elena Rial. Todos eles tiñan que partir do mesmo punto: a presenza do debuxo e pola creación gráfica nas súas pezas e coleccións.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Exposición