Evento: Canta, miña pedra, canta
Canta, miña pedra, canta
Canta, miña pedra, canta
Contos e cancións para renderlle homenaxe a Antonio Fraguas
O músico Xoán Curiel e a contadora Charo Pita reúnense neste espectáculo familiar que xira arredor dos relatos populares galegos e mais de cancións que o autor das Letras Galegas deste 2019 recolleu nas súas Aportacións ao Cancioneiro de Cotobade.
Co obxectivo de que o público que ve o espectáculo poida seguir afondando na lectura en galego e no coñecemento do noso patrimonio lingüístico e literario, cada familia asistente recibirá antes de marchar unha pequena antoloxía de narracións tradicionais de Galicia escolmadas por Quique Harquindey e Maruxa Barrio titulada O fillo do rei e outros contos populares.
Ligazóns
Máis eventos do ciclo FalaRedes
29 de novembro, 11:00
Auditorio Municipal - O Grove - Pontevedra
29 de novembro, 20:00
Auditorio Municipal - Valga - Pontevedra
30 de novembro, 19:00
Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo Manuel Murguía - Arteixo - A Coruña
1 de decembro, 12:00
Salón de actos do Concello - Fisterra - A Coruña