Evento: Luppo
Luppo
Espectáculo de teatro infantil a cargo de Baobab Teatro
Luppo é un home maior que vive só e todos os días ás 12 en punto da mañá acende o seu gramófono para escoitar ópera, todos os días a mesma canción. Luppo ten un amigo, Tulún, un neno de 5 anos que todos os días ás 12 da mañá vaino visitar e lévalle pan, leite e o seu xornal. Luppo cóntalle historias fascinantes da súa vida, segredos que agocha no seu gramófono… Un día Tulún chega a casa de Luppo e este non está.
Luppo é un espectáculo pensado para pequenos, a partir de 4 anos e para adultos. É un proxecto impecable, tanto na súa estética, o seu guión, como na súa posta en escena que non deixa indiferente.
Premio ao mellor espectáculo infantil na Feira de Teatro de Castela e León, que se celebra en Cidade Rodrigo.
Ligazóns
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

3 de abril, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo

3 de abril, 21:30
Pazo da Cultura - Pontevedra - Pontevedra

4 de abril, 18:30
Sala Bahía - Foz - Lugo

4 de abril, 20:00
Centro Social Abanqueiro - Boiro - A Coruña