Evento: Rafael Úbeda- Cromatismo expresivo
Rafael Úbeda- Cromatismo expresivo
Desde a experiencia que lle proporciona a súa continuada e sólida posición como artista, Rafael Úbeda encóntrase, actualmente, nunha etapa na que afronta a creación, trazando unha realidade nunca vista, inmerso no seu particular mundo plástico sonoro, de atrevidas sucesións de formas, equilibrios e contorsións. O propio pintor expresou nalgunha ocasión: “ ... a miña pintura camiña cara a unha continuada síntese; eu diría cara á máxima esencia, pero sen desbotar a figuración, por moi deformada que a presente, pois sinto viva necesidade desa tensión que a propia vida nos ofrece, xa que a nosa máis enérxica obsesión nos despraza – antes que nada - ao noso eu, con todas as súas manifestacións, alegres ou dramáticas. Interésame o dinamismo, a procura de novas formas, o ritmo e a modalidade que constitúen “esencia”, as sucesivas improntas de cor ben marcadas, para conseguir ese difícil resultado expresivo”.