Evento: Torneo de Debate Académico de Galicia

Torneo de Debate Académico de Galicia
luns, 27 xaneiro, 2020 a venres, 7 febreiro, 2020
Fundación Barrié,
A Coruña

Torneo de Debate Académico de Galicia

Segunda edición

A Fundación Barrié organiza, en colaboración coa Escola de Oratoria e Debate TALKK, a II Edición do Torneo de Debate Académico de Galicia (TDAG) co obxectivo de mellorar a expresión oral e fomentar o pensamento crítico dos estudantes de Ensino Secundario Obrigatorio (ESO) e Bacharelato de Galicia.

O TDAG está dirixido ao alumnado dos centros educativos públicos, concertados e privados de Galicia, desde 1º de ESO ata 2º de Bacharelato. Os equipos estarán formados por catro ou cinco estudantes, máis o profesor preparador que non intervirá no transcurso dos debates.

A competición terá lugar na sede da Fundación Barrié do 27 de xaneiro ao 7 de febreiro de 2020. Previo ao desenvolvemento da competición, impartiranse sesións de formación presencial en oratoria e iniciación ao debate e á investigación.

Na súa primeira edición, celebrada en febreiro de 2019, o TDAG contou coa participación de 265 estudantes e 45 docentes, agrupados en 52 equipos procedentes de 27 centros educativos.

A pregunta de debate deste curso é: 

"Democracia vs. tecnocracia, que sistema de goberno é máis apropiado para afrontar os retos do século XXI nos países membros da Unión Europea?"
 

Máis eventos de tipo Exposición

XVIII Premio de Novela Casino de Santiago
2 de xullo a 30 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego
31 de outubro a 18 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura