Evento: Feira do Butelo da Fonsagrada
Feira do Butelo da Fonsagrada
A Feira do Butelo da Fonsagrada celébrase a fin de semana anterior á fin de semana de Entroido.
O botelo ou butelo é un embutido típico, propio e peculiar da zona da Fonsagrada que ten a súa orixe na necesidade de conservar a carne de porco despois da matanza. Elabórase a base de costela de porco e outras partes, adobándoas e embutíndoas no estómago ou en tripa grosa do porco, curado e afumado con leña de carballo.
Aínda que a Feira do Butelo ten unha orixe relativamente recente (a primeira edición desta feira tivo lugar en 1998), actualmente está consolidada e goza de grande arraigamento tanto entre os veciños do Concello como entre os numerosos visitantes. Moitos son os que se acercan á Fonsagrada na fin de semana da Feira co obxecto de degustar ou mercar este cobizado embutido e demais produtos da matanza, así como outros produtos da zona, e desfrutar das fermosas paisaxes da comarca.
Un saboroso embutido que nesta Feira dá exaltación do Butelo de Fonsagrada poderemos acompañar doutros produtos típicos da zona como viños, queixos, mel e sobremesas típicos do entroido galego como son as orellas e as filloas.
Destacado:
A propia feira, onde se poden comprar todo tipo de produtos gastronómicos da zona, alén do botelo.
Máis eventos de tipo Festa/Feira popular