Evento: Romaría Viquinga

Romaría Viquinga
sábado, 27 xullo, 2024 a luns, 5 agosto, 2024
Varios espazos,
Catoira

Romaría Viquinga

Festa de Interese Turístico

Desde 1961, Catoira celebra unha festa pagá que recorda o papel da localidade como gardiá do tesouro da Catedral de Santiago, ao ser punto estratéxico na defensa contra as invasións viquingas. As Torres de Oeste (ruínas de dúas das sete orixinarias torres dunha fortaleza que durante os séculos IX e X fixo fronte a varias incursións de piratas normandos) é o escenario natural e histórico onde se recrea unha invasión viquinga daquela época.
Decenas de mozos da localidade chegan á desembocadura do río Ulla a bordo dun drakkar noruegués, o “Úrsula”, con gran barullo e facendo soar os seus cornos. Armados ata os dentes con machados e lanzas, parapetados en escudos, vestidos con peles e cascos, e bañados en viño tinto, os bárbaros desembarcan provocando o pánico entre a poboación, entre gritos de euforia e tragos de viño. Ao rematar o asalto, ten lugar a tradicional comida campestre, nun ambiente festivo, dominado polo mercado medieval, con postos de artesanía e de produtos gastronómicos de Galicia. A festa esténdese logo ata a verbena da Alameda, no núcleo urbano.

Destacado:
Representación do desembarco dos piratas viquingos.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festividade do Apóstolo Santiago
19 de xullo a 31 de xullo
Santiago de Compostela
O Oenach Atlántico de Narón
26 de xullo a 28 de xullo
Narón
Festa da Bica
27 de xullo a 28 de xullo
A Pobra de Trives
Festa do Carneiro ao Espeto
28 de xullo
Carballeira de Santa Lucía