Evento: Exposición de graffitis

Exposición de graffitis
martes, 2 marzo, 2021 a mércores, 31 marzo, 2021
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Exposición de graffitis

Certame Xuventude Crea 2020

A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal cede o espazo á Consellería de Política Social para acoller a exposición de 6 das obras finalistas do concurso Xuventude Crea, edición 2020, na categoría de graffiti, que poden verse desde o 2 ata o 31 de marzo no vestíbulo da biblioteca.

Os participantes da fase final de graffiti realizaron en directo as súas creacións no Parque da Alameda de Santiago de Compostela, que logo foron avaliadas por un xurado profesional. Polo tanto, estas pezas, que agora se poden ver no vestíbulo da biblioteca, son obras orixinais, inéditas e executadas nun panel mural de 4 x 2 metros.

O certame Xuventude Crea é un programa convocado cada ano pola Consellería de Política Social, co obxectivo de estimular e apoiar a imaxinación, creatividade e innovación dos mozos e mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, en 14 disciplinas artísticas. Este ano 2021 acadará a súa duodécima edición.

A exposición pode visitarse no vestíbulo da biblioteca durante o horario de apertura.

Máis eventos de tipo Exposición

Salto cuántico
1 de abril a 2 de febreiro
Centro Galego de Arte Contemporánea
Outras historias posibles
28 de maio a 26 de xaneiro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
XVIII Premio de Novela Casino de Santiago
2 de xullo a 30 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Unha vida viquinga
12 de xullo a 5 de xaneiro
Cidade da Cultura