Evento: SAN FIZ DE SOLOVIO: Belén tradicional
SAN FIZ DE SOLOVIO: Belén tradicional
Do venres 29 de novembro ao domingo 5 de xaneiro, poderedes gozar do impresionante belén cedido e montado polo belenista José Uzal: máis de 500 figuras compoñen este nacemento que inclúe diferentes escenas, pezas en movemento e tamén efectos especiais de iluminación e son.
A elo hai que sumarlle o atractivo da propia a igrexa de San Fiz, fundamental na historia fundacional de Santiago, ademais de que o seu tímpano acolle unha fermosa representación gótica da Epifanía ou Adoración dos Magos.Unha acción promovida e organizada por Turismo de Santiago de Compostela que conta coa colaboración do Arcebispado de Santiago e do Mercado de Abastos.
HORARIOS ESPECIAIS: 22 decembro*: Visita do Paxe do Nadal ás 17:30 h. e Concerto de Corais Veciñais ás 18:00 h. 24 e 31 decembro: 11:00 a 14:00 e 16:00 a 19:00 h. 25 decembro e 1 xaneiro: 17:00 a 21:00 h.
Máis eventos de tipo Espectáculo