Evento: Divírtete có Scrapbooking
Divírtete có Scrapbooking
luns, 27 decembro, 2021 a mércores, 29 decembro, 2021
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola,
Pontevedra Divírtete có Scrapbooking
Crea un mini álbum de Nadal
Obradoiro dirixido a nenos e nenas de 7 a 11 anos
O scrapbooking é un método no que se utilizan diferentes técnicas artísticas como caligrafía, debuxo, papiroflexia, estampaxe e materiais diversos como teas, cintas, adhesivos, etc. para crear e decorar álbums de recordos, tarxetas, láminas...
Neste obradoiro os nenos e nenas utilizarán o scrapbooking para elaborar un mini album con motivos de Nadal no que poderán pegar recordos, fotografías ou calquera outra cousa que queiran conservar.
Os días 27, 28 e 29 de decembro de 11:00h a 12:30h.
Con inscrición previa a partir do 15 de decembro ás 11.00 h. a través do formulario da páxina web da biblioteca
Ligazóns