Evento: Que fala falas? Gheada, seseo e localismos no uso público?
Que fala falas? Gheada, seseo e localismos no uso público?
Que fala falas? Gheada, seseo e localismos no uso público?
Debate sobre as diferentes variedades dialectais do galego
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía da USC organiza o debate “Que fala falas? Gheada, seseo e localismos no uso público?”, que terá lugar no Salón de Graos desta facultade. No acto intervirán Xosé Luís Regueira, catedrático de Filoloxía Galega da USC e membro da RAG; Paulino Novo, coordinador lingüístico da CRTVG e doutor en Filoloxía Galega; Lorena Pose, presentadora da TVG e licenciada en Xornalismo, e Federico Pérez, actor e licenciado en Filoloxía Galega.
O debate estará moderado por Lois Celeiro, director do Gabinete de Comunicación da USC.