Evento: Melona Festival 2022

Melona Festival 2022
xoves, 14 abril, 2022 a sábado, 16 abril, 2022
Sala Capitol,
Santiago de Compostela

Melona Festival 2022

Festival de música vangardista, urbana e emerxente.

Melona Fest volve á carga en 2022 cunha nova edición, que se celebrará do 14 ao 16 de abril. O festival, promovido pola produtora de eventos culturais A Melona, caracterízase por impulsar unha programación vangardista, ecléctica, urbana, emerxente e innovadora, comprometida coa tarefa de conxugar o talento local co potencial da escena nacional e a escena internacional, xerando espazos de intercambio, aprendizaxe e mutualismo, tecendo redes entre públicos, artistas, creadores, actores, autores, espazos, colectivos, iniciativas, disciplinas, correntes, estilos, perspectivas e formas de abordar o fenómeno artístico-creativo.

Chill Mafia, Dani, a artistas revelación da tempada na escena pop, YOUCANTHIDE, Mainline Magic Orchestra, Teresa Ferreiro, PV3000, Mahía, ElectroConas e crnds son os primeiros confirmados.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos