O catálogo recompila os retratos dunha soa liña que levou a cabo Manuel Penín (Ourense, 1972) na compostelá Casa da Parra, que transformou no seu propio estudio. Neste espazo, o que é considerado un dos artistas máis sobranceiros do momento actual, concebiu debuxos sen ningún tipo de estudo previo, armado unicamente do que, cada momento, lle dicía o seu instinto creador. O reto era debuxar o que os ollos captaban e interpretaban do modelo que tiña ante si.
Deste xeito, a publicación ofrece o resultado dunha proposta orixinal e sorprendente, que contou con rostros públicos (Xosé Luís Méndez Ferrín ou Diego Ameixeiras, entre outros) e anónimos, dos que reflictiu a súa imaxe externa e os sentimentos que el percibiu no momento de debuxalos.
No prólogo do catálogo, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, salienta a "silenciosa comunicación" que acadou Penín nestes retratos e remarca que con este tipo de proxectos "revitalízase" as achegas plásticas dos creadores galegos máis actuais.
Documentos relacionados
- Descargar PDF8.66 MB