Culturgal 2022

Culturgal

 

A Xunta de Galicia suma un ano máis o seu apoio a Culturgal e posibilita a súa celebración como patrocinadora principal do evento a través da sinatura dun convenio de colaboración por valor de 65.000 euros. Ademais, contribúe activamente ao deseño do seu programa de presentacións e espectáculos, con máis dunha trintena de citas (faladoiros, presentacións, obradoiros, espectáculos...) promovidas directamente pola Consellería, á que este ano se une tamén a Consellería de Política Social e Xuventude a través dun coloquio sobre o certame Xuventude Crea

Tamén participaremos este ano cun stand renovado desde o que se ofrecerán obradoiros para os nenos e as nenas e distintas actuacións escénicas de pequeno formato.

Falamos, en definitiva, dunha extensa e variada oferta que dá conta do papel determinante que xoga a Xunta de Galicia na posta en marcha de iniciativas culturais de todo tipo e da súa necesaria participación para que moitos proxectos cheguen a bo termo.  

 

    VENRES 25 DE NOVEMBRO

    PRESENTACIÓNS

    PLAN INTEGRAL DE DANZA DE GALICIA

    18,20 h → Espazo profesional

    Presentación en avance do documento participativo impulsado pola Xunta de Galicia que guiará a folla de ruta no sector. Interveñen:

    • Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais 
    • Pilar Portela, coordinadora de Música e Danza da Agadic
    • Miguel Valverde, coordinador do Plan 
    • Paula Quintas, en representación da asociación Escena Galega

     

    EXPOSICIÓNS DO MUSEO CENTRO GAIÁS

    18,20 h → Espazo arte

    - Foi un home. Laxeiro en América (Buenos Aires, 1950-1970)

    - Camiños creativos

    - De lugares e cousas

     

     

     

     

    COLOQUIO XUVENTUDE CREA

    18,45 h → Espazo profesional

    Conversa cos gañadores de tres das disciplinas máis literarias do certame: Novela Curta, Poesía e Banda Deseñada. Organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia

     

    RESIDENCIAS ARTÍSTICAS REGA

    19,00 h → Espazo arte

    Presentación de proxectos, balance de 2022 e avance da convocatoria de 2023 deste programa de apoio á creación contemporánea

     

    PELÍCULA ‘O CORPO ABERTO’

    19,00 h → Espazo cinema

    De OlloVivo Producións co apoio da Xunta

    Presentan: 

    • Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais
    • Ángeles Huerta, directora do filme

     

    ESPECTÁCULOS

     

    ‘O LOBO E A LÚA’, DE BAOBAB TEATRO

    17,30 h → Auditorio

    Proposta de TeCe Redes en galego

     

     

     

     

    ‘CREDO’, DE NOVA GALEGA DE DANZA 

    21,00 h → Auditorio

    En coprodución do Centro Coreográfico Galego

     

     

     

     

    OBRADOIROS

    XOGOS DE MESA EN GALEGO

    17,00 h → Espazo infantil

    Propostas para os máis pequenos con Brazolinda

     

    SÁBADO 26 DE NOVEMBRO 

    PRESENTACIÓNS

     

    PROXECCIÓN EXTERIOR DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

    19,00 h → Espazo profesional

    A unidade de produción teatral da Xunta mantén proxectos de internacionalización en distintos países, trazando un percorrido polo mapa e polos programas de colaboración que están a levar o noso teatro polo mundo.

    Interveñen:

    • Fran Núñez, director do Centro Dramático Galego
    • Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais

     

    ESPECTÁCULOS

    DANZANDO CON PAULA QUINTAS E KIRENIA MARTÍNEZ

    11,30 h → Expositor da Xunta

    Performances en coprodución co Centro Coreográfico Galego

     

    ‘CARTA ABERTA’ CON ANTÍA MUÍÑO

    17,30 h → Expositor da Xunta

    Interpretación ao vivo de temas do seu primeiro disco

     

    ‘CADERNOS DE CORES E CANCIÓNS’, DE MAGÍN BLANCO

    17,30 h → Espazo infantil

    Iniciativa de TeCe Redes en galego

     

    O MAGO TETO

    A partir das 18,00 h → Expositor da Xunta

    Varios pases para gozar en familia

     

     

    ANTÍA MUÍÑO, BERTO, NÉBOA E GRANDE AMORE EN CONCERTO

    20,00 h → Auditorio

    Celebración de CulturgalSon15. Proposta da Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM). En colaboración coa Xunta de Galicia

     

     

     

     

     

     

    OBRADOIROS

    XOGOS DE MESA EN GALEGO

    16,20 h → Espazo infantil

    Propostas para os máis pequenos con Brazolinda



    PAPIROFLEXIA CON ANAQUIÑOS DE PAPEL

    12,00 h → Expositor da Xunta

    Manualidades de Nadal para cativada a partir de 8 anos

     

     

     

     

     

    OBRADOIRO CREATIVO CON NATALIA SANTAMARÍA

    18,30 h → Espazo arte

    Unha mirada sobre o cambio climático de 6 a 11 anos

     

    ‘O LAR DAS PALABRAS’, CON CAPICÚA 360

    19,00 h → Espazo infantil

    Practica o uso da lingua xogando

     

    DOMINGO 27 DE NOVEMBRO

    PRESENTACIÓNS

     

    DOCUMENTAL ‘TRALOS PASOS DE MARÍA CASARES’

    12,00 h → Espazo cinema

    Peza de Sabela Hermida

    Interveñen:

    - Isabel Blanco, produtora, directora e comunicadora

    - Sabela Hermida, directora de contidos e comunicadora

    - Anxo M. Lorenzo, director xeral de Cultura 

     

    COLECCIÓN DE LECTURA FÁCIL DE EDITORIAL GALAXIA

    17,00 h → Espazo libro

    Publicacións adaptadas de obras de Xosé Neira Vilas

    -Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas

    Adaptación de Lucía Gómez Álvarez

    -Espantallo amigo, de Xosé Neira Vilas

    Adaptación de Desirée Silva Bernárdez e ilustracións de Xaquín Marín

    Interveñen:

    • Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia
    • Ana Isabel Vázquez, directora-xerente da Cidade da Cultura da Xunta de Galicia

     

    WEB E APP PLAY ARI[t]MAR.GAL

    18,10 h → Espazo profesional

    Presentación da web/app Play aRi[t]mar.gal, de música e poesía galega e portuguesa

    Interveñen:

    • Ana Isabel Vázquez, directora-xerente da Cidade da Cultura da Xunta de Galicia
    • Gonzalo Constenla, director da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela

     

    ESPECTÁCULOS

     

    ‘CUBO’, DE ELEFANTE ELEGANTE

    12,30 h → Auditorio

    Fantasía, humor e poesía visual para público familiar

     

     

     

    ‘UKESTRA DO MEDIO’ EN CONCERTO

    13,00 h → Espazo cinema

    Novo disco da orquestra de ukeleles 

     

    ‘PETISCOS DE LINGUA’, DE MIGALLAS TEATRO

    17,30 h → Espazo infantil

    Xogos verbais, cancións, contos, monicreques…

     

    CONTACONTOS CON VERO RILO

    18,00 h → Expositor da Xunta

    Dous pases de propostas de tradición oral

     

     

    ‘A PARÁBOLA DO ANGAZO’, DE PRODUCIÓNS TEATRAIS TALÍA

    19,00 h → Auditorio

    Viaxe con humor pola historia da lingua

     

     

     

     

    OBRADOIROS

    ‘O LAR DAS PALABRAS’, CON CAPICÚA 360

    11,30 e 16,00 h → Espazo infantil

    Practica o uso da lingua xogando

     

    RAPEANDO

    11,30 h → Aulas do primeiro andar

    Obradoiro de rap con Esther Carrodeguas

     

    INSTRUMENTOS TRADICIONAIS

    12,00 h → Expositor da Xunta

    Coñece as súas características musicais e construtivas