Nova: A intelixencia artificial protagoniza unhas xornadas sobre a arquiveira Olga Gallego no centenario do seu nacemento
23/11/2023
A intelixencia artificial protagoniza unhas xornadas sobre a arquiveira Olga Gallego no centenario do seu nacemento
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na inauguración das V Xornadas da Fundación Olga Gallego. Olga Gallego na vangarda (1923-2023): novos retos para os arquivos no Museo do Pobo Galego. Unha cita que aborda o tema da conceptualización dos arquivos nun mundo de intelixencia artificial, co que se busca abrir estes documentos á toda a sociedade para facelos máis inclusivos.
Durante o encontro, Anxo M. Lorenzo tamén participou na presentación do libro Publicacións de Olga Galego no centenario do seu nacemento (1923-2023). 1. A Fundación Penzol: Libro do centenario editado pola Fundación Olga Gallego e a Fundación Penzol en colaboración coa Xunta de Galicia. Estes proxectos súmanse aos actos que está promovendo a Xunta de Galicia en conmemoración do centenario do nacemento da bibliotecaria e arquiveira, como a exposición Olga Gallego no seu centenario (1923-2023). Esta mostra, composta por documentos e publicacións da propia homenaxeada doados ao Arquivo de Galicia do Gaiás, pode visitarse ata marzo de 2024.