Nova: O director xeral de Cultura reúnese coa Federación de Librarías de Galicia para coñecer a nova directiva

08/01/2024

O director xeral de Cultura reúnese coa Federación de Librarías de Galicia para coñecer a nova directiva

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, reuniuse hoxe co novo equipo directivo da Federación de Librarías de Galicia, presidida por Cielo Fernández, para coñecer aos seus integrantes e os seus proxectos para 2024. Durante a reunión puxéronse sobre a mesa as novas liñas de colaboración para este ano entre Xunta de Galicia e Federación de Librarías. Entre elas destaca a realización dunha nova edición das feiras do libro de Galicia.

Comparte