Nova: As Feiras do Libro chegan á capital de Galicia no mes das letras

27/04/2015

As Feiras do Libro chegan á capital de Galicia no mes das letras

Do 1 ao 10 de maio, a Alameda de Santiago de Compostela acollerá a nova edición destes encontros co libro e a lectura

En 2015, as feiras tamén estarán ata agosto nos concellos de Lugo, Ourense, Vigo, Ribeira, Rianxo, A Coruña, Viveiro, Foz e Monforte

  • Cartel da Feira dos Libros de Galicia Cartel da Feira dos Libros de Galicia
  • A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, xestionada pola Consellería de Cultura e Educación, tamén estará presente, un ano máis, na feira do libro para dar a coñecer a súa colección A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, xestionada pola Consellería de Cultura e Educación, tamén estará presente, un ano máis, na feira do libro para dar a coñecer a súa colección

Santiago, 27 de abril de 2015.- As Feiras do Libro 2015 chegarán á capital de Galicia no mes das letras, logo do seu paso por Pontevedra e por Ferrol, onde aínda permanecerán ata o vindeiro mércores 29 de abril.

Do 1 ao 10 de maio, o paseo central da Alameda de Santiago de Compostela acollerá as 11 casetas desta edición, que lles achegarán ao público as novidades editoriais. O espazo compostelán tamén será escenario de diversas actividades de dinamización do libro e da lectura, segundo afirmou hoxe o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, durante a rolda de prensa de presentación da feira, na que tamén participaron o alcalde de Santiago, Agustín Hernández; o vicepresidente da Federación de Libreiros de Galicia, Xosé Antón Pedreira, e a concelleira de Cultura, María Antón.

Diversas actividades arredor do libro
Ata un total de 25 actividades conforman a programación da Feira do Libro de Santiago, que contará con presentacións de libros, sinaturas de exemplares, coloquios, teatro infantil, contacontos, proxeccións audiovisuais e diversos obradoiros, entre outras actividades. Tampouco faltará a música, coa actuación da Banda Municipal de Música no acto de apertura, o venres 1 de maio ás 19:15 horas, no que Manuel Portas pronunciará o pregón inaugural e mais asinará asinará exemplares do seu novo libro, Amor en alpargatas.

Na Feira tamén estarán escritores como María Xosé Queizán, Antonio Reigosa, Xurxo Souto, Xosé M. Lobato, María López Sandez, Concha Blanco, Dani Padrón, Sechu Sende, Alejandro Mínguez, Mercedes Leobalde, Elena Gallego, Lucio Martínez, Fran P. Lorenzo ou Carlos Labraña, entre outros.

A Biblioteca Ánxel Casal sae á rúa
A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, xestionada pola Consellería de Cultura e Educación, tamén estará presente, un ano máis, na feira do libro para dar a coñecer a súa colección, a través dunha mostra de materiais nos diferentes formatos e para todas as idades, así como os servizos que ten ao dispor da cidadanía, ademais de lles ofrecer aos visitantes a posibilidade de facerse socio da biblioteca na mesma feira. A participación da biblioteca completarase coa realización de actividades de promoción da lectura para o público máis novo.

A feira de Santiago abrirá en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 21:30 horas. Nas xornadas festivas e de fin de semana, o horario da mañá prolongarase ata as 14:30 horas.

As Feiras do Libro de Galicia 2015
Baixo o lema ‘A historia en letras’, en homenaxe ao escritor, historiador e profesor Xosé Filgueira Valverde –ao que a Real Academia Galega lle dedica este ano o 17 de maio–, as Feiras do Libro de Galicia iniciaron o pasado 14 de abril en Pontevedra a edición de 2015, que percorrerá un total de 12 concellos das catro provincias galegas.

Logo do seu paso por Santiago, do 12 ao 17 de maio as feiras chegarán ata Lugo, para, a continuación, viaxar a Ourense do 2 ao 7 de xuño. Xa no verán, a primeira cita será en Vigo, do 3 ao 12 de xullo, para despois continuar nese mesmo mes por Ribeira, do 16 ao 19, e mais por Rianxo, do 23 ao 26. No mes de agosto regresará a feira do libro da Coruña, que se celebrará do día 1 ao 10. A continuación, a provincia lucense acollerá as tres últimas citas deste ano, nos concellos de Viveiro, do 13 ao 16; de Foz, do 20 ao 23; e, finalmente, de Monforte de Lemos, onde terá lugar do día 26 ao 29.

Comparte