Nova: O Museo do Mar de Galicia invita a participar no café científico con gallo da mostra Perseguindo a Mr. Goodfish

23/10/2015

O Museo do Mar de Galicia invita a participar no café científico con gallo da mostra Perseguindo a Mr. Goodfish

O público que se achegue poderá gozar dunha unha charla distendida entre dúas biólogas e un actor sobre o mar e a súa preservación

O encontro terá lugar ás 19,00 horas no propio Museo
 

Vigo, 23 de outubro de 2015.- O Museo do Mar de Galicia, en Vigo, invita a todos os interesados a que se acheguen hoxe venres, ás 19,00 horas, a participar dun “café científico” sobre o mundo do mar.

Este encontro está pensado como unha charla distendida e desenfadada na que se aborda a divulgación científica desde unha perspectiva lúdica. Na charla participarán a bióloga mariña Dolores Garabana e a bióloga pesqueira Paz Sampedro (ambas do Instituto Español Oceanográfico), e o actor Vicente Mohedano, que, coa axuda do público, debullarán os segredos mellor gardados da preservación do mar e animarán a rescatar o científico que levamos dentro.

Esta actividade enmárcase dentro das programadas con motivo da exposición “Perseguindo a Mr. Goodfish”, que promove o consumo responsable dos produtos mariños, e que permanecerá aberta ao público ata o 29 de novembro.

 

Comparte