Nova: A mostra Rostros do país despídese da Cidade da Cultura

16/09/2016

A mostra Rostros do país despídese da Cidade da Cultura

A exposición de Xurxo Lobato está formada por 70 imaxes en gran formato de persoas líderes en sectores como a cultura, a ciencia ou a empresa e cidadáns anónimos cos que o fotoxornalista indaga na identidade galega

Conta co patrocinio de Gas Natural Fenosa e a colaboración da Fundación BancSabadell e pode visitarse na Biblioteca e Arquivo de Galicia con entrada de balde
 
  • A Cidade da Cultura convida a achegarse á Biblioteca e Arquivo de Galicia a visitar a exposición ‘Rostros do país’ de Xurxo Lobato antes da súa despedida o próximo domingo A Cidade da Cultura convida a achegarse á Biblioteca e Arquivo de Galicia a visitar a exposición ‘Rostros do país’ de Xurxo Lobato antes da súa despedida o próximo domingo

Santiago, 16 de setembro de 2016.- A Cidade da Cultura convida a achegarse á Biblioteca e Arquivo de Galicia a visitar a exposición ‘Rostros do país’ de Xurxo Lobato antes da súa despedida o próximo domingo. A mostra, aberta ao público desde o pasado 15 de xullo, ofrece unha escolma de fotografías en gran formato de persoas líderes en sectores como a cultura, a ciencia ou a empresa e cidadáns anónimos coas que o fotoxornalista indaga na identidade galega.

Con ‘Rostros do país’, a Cidade da Cultura de Galicia ofrece unha radiografía da Galicia actual a través dos ollos de Xurxo Lobato. A mostra está formada por setenta imaxes e conta cunha instalación complementaria con máis de 1.300 pequenos retratos, algúns feitos polo propio fotógrafo e outros enviados nun proceso colaborativo, que conforman un mapa xigante de Galicia.

A mostra segue a liña iniciada en traballos anteriores de Xurxo Lobato como ‘Galegos na escaleira’, ‘Viguíssimos’ ou ‘Orgullo de Ferrol’. O fotógrafo emprega o retrato non só como unha maneira de coñecer as persoas, senón como un xeito de explorar a sociedade. Ademais a exposición conta cun catálogo deseñado por Xosé Díaz, de Imago Mundim, e que inclúe un texto de Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega.

Un veterano do fotoxornalismo

Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Compostela e membro da Real Academia de Belas Artes, Xurxo Lobato (A Coruña, 1956) leva toda unha vida ollando a realidade a través do obxectivo dunha cámara. Tras máis de corenta anos comunicando a través das súas fotografías, Lobato foi recoñecido con importantes distincións como o Premio da Crítica de Galicia 1991 ou o Premio Ortega y Gasset de Fotoperiodismo no 2003, coa súa famosa fotografía da proa do Prestige.

A exposición conta co patrocinio de Gas Natural Fenosa e coa colaboración da Fundación Banco Sabadell.

Comparte