Nova: Homenaxe a Blanco Amor no aniversario do seu pasamento

01/12/2016

Homenaxe a Blanco Amor no aniversario do seu pasamento

O secretario xeral de Cultura e a delegada do Goberno galego en Ourense recordaron o autor de ‘A esmorga’ no acto organizado polo Centro PEN Galicia

Ourense, 1 de decembro de 2016.- A Xunta de Galicia, representada polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e pola delegada do Goberno galego en Ourense, Marisol Mouteira, participou esta mañá en Ourense na homenaxe a Eduardo Blanco Amor, con motivo do aniversario do pasamento do escritor.

O Concello de Ourense e a Deputación Provincial de Ourense tamén se sumaron ao acto de recordo de organizado polo Centro PEN Galicia no cemiterio de San Francisco de Ourense. Ao pé da campa do autor de ‘A Esmorga’, alumnos e alumnas do IES Blanco Amor –que este ano celebra o seu 50º aniversario– realizaron unha lectura de textos do escritor.

Xa pola tarde, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistirá ao acto literario de entrega do XXXV Premio Blanco Amor de Novela Longa, que terá lugar no Liceo de Ourense.  

Comparte