Nova: O escritor Julian Barnes recolle o Premio San Clemente

04/03/2015

O escritor Julian Barnes recolle o Premio San Clemente

O súa novela Arthur & George foi a preferida en 2008 polos alumnos que fixeron de xurado na edición de hai sete anos deste galardón

  • Julian Barnes O escritor Julian Barnes ten dúas das súas novelas traducias ao galego
  • Román Rodríguez felicita ao escritor Julian Barnes, que hoxe recolle o Premio San Clemente Román Rodríguez felicita ao escritor Julian Barnes, que hoxe recolle o Premio San Clemente

Santiago, 5 de febreiro de 2015.- O escritor británico Julian Barnes recolleu en Santiago de Compostela o premio ‘Arcebispo Juan de San Clemente’ mans dos alumnos e alumnas do IES Plurilingüe Rosalía de Castro. O súa novela Arthur & George foi a preferida na edición número catorce deste galardón en 2008, mais ata agora non puido vir a recollelo.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez,  desprazouse esta tarde ao Instituto compostelán para felicitar ao autor de Arthur & George ou Nada que temer. O titular de Cultura do goberno galego foi recibido polo director do centro, Ubaldo Rueda, e trasladoulle a Barnes os seus parabéns como un dos representantes da mellor literatura contemporánea.

Ademais, Román Rodríguez agradeceulle a súa presenza en Galicia e salientou a peculiaridade do premio concedido por un xurado estudantil, e congratulouse de que dúas obras do autor galardoado xa estean traducidas ao galego.

Comparte