Premio: Certame Vindevídeos

Certame Vindevídeos

Organizado pola Consellería de Cultura e Educación co gallo da estadía en Galicia do Pergamiño Vindel

Con motivo da presenza en Galicia do Pergamiño Vindel, a Consellería de Cultura e Educación organiza o certame Vindevídeos, destinado a alumnado e profesorado de centros docentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que impartan ensinanzas sostidas con fondos públicos. O certame quere contribuír ao coñecemento tanto do Pergamiño Vindel como de toda a literatura medieval galega, dinamizando o uso da lingua galega entre o estudantado e salientando a importancia do período trobadoresco. 

Cada centro poderá enviar ao concurso un máximo de tres vídeos en calquera técnica cuxa temática estará relacionada coa cultura trobadoresca na que se xeraron as cantigas medievais galego-portuguesas. Establécense dúas categorías de participación: a categoría A, aberta a todo o alumnado de educación infantil e primaria, e Categoría B, destinada a vídeos realizados con alumnado de educación secundaria (ESO, bacharelato, FP básica, ciclos formativos de grao medio), ensinanzas especiais de grao medio, ensinanzas de adultos destes niveis académicos e ensinanzas de réxime xeral cursadas fóra de Galicia.

 

 

Estado do trámite: Resolto

Comparte