XVIII Festival Internacional de música Pórtico do Paraíso
Cantar Poesía é un proxecto dedicado á interpretación de poemas musicados ao longo do século XVI. En particular, preténdese explorar este tipo de repertorio nas cortes portuguesas e italianas, revelando eventuais puntos de contacto e de diversidade.
Irene Brigitte (Trieste, 1989) obtivo o diploma de máster en Canto Renacentista e Barroco no Conservatório de Vicenza “Arrigo Pedrollo” (Italia) con Gemma Bertagnolli. Na actualidade, é doutoranda en Estudos Artísticos pola Universidade de Coímbra cun traballo de investigación dedicado á música vernacular portuguesa do século XVI.