Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Música no Claustro 2024

Festival de música, patrimonio e creación.

Música no Claustro presenta a súa 18 edición con sete concertos de entrada libre no claustro medieval da Catedral de Tui, ás 21h, con formacións musicais como o Trio da Kali (Mali), o Moser String Quartet (Suiza), a cantora Lula Pena (Portugal), ou as propostas galegas de Faia e de Pedro Lamas, que dialogan con outras comunidades do estado español, como Laura Marchal de Andalucía ou o Tana Santana Quinteto, grupo de jazz que chega ao festival co apoio de AIE e que tende unha ponte entre Galicia e as Illas Canarias.

Galego

Concerto de Man de Santo

Grupo lucense nacido en 2016. Amantes dos ritmos tradicionais xamaicanos como o reggae, o ska ou o rocksteady. The Skatalites, Jimmy Cliff, Desmond Dekker, Laurel Aitken ou The Specials, son algúns dos referentes que lles inspiran á hora de facer un repertorio onde se combinan os clásicos con revisións de temas tradicionais adaptados ó estilo xamaicano. Convidados a prestixiosos festivais como o Ska All Night -organizado pola produtora V- Rocket- ou el Bless Festival compartindo escenario co gran Bitty McLean.

Galego

Resis Festival 2025

Participación no festival RESIS, un extraordinario evento artístico iniciado en 2018, que se sustenta na integración de propostas musicais de vangarda con diferentes linguaxes artísticas, e desenvólvese en singulares espazos escénicos, arquitectónicos e naturais da Coruña. O Museo é sede dun dos seus concertos desde o seu inicio. O 2025 acolle o Concerto Liñas de Auga, do Gerhard Quartet, dentro da VIII edición do festival, que neste ano homenaxea aos compositores Wolfgang Rihm e Helmut Lachenmann.

Programa

Galego

Festival Flamenco Riquela

II Edición do Festival Flamenco Riquela. Único festival flamenco de Galicia, impulsado por Riquela Music, que trae o mellor do flamenco estatal a Santiago de Compostela.
Entre os artistas que pasarán polo escenario deste festival están Juan José Suárez (El Paquete), Elena Salguero, Alana Sinkey, Alejandro Escalera, Moisés Fernández, Antonia Jiménez, Alicia Morales e Kike Terrón, entre outros.
 

Galego

Samesugas+Bule+Paulo Pascual

Os Samesugas, con un cuarto de século incendiando escenarios, lanzan o seu novo disco: "White Fire". Un manifesto sonoro que bebe da tradición do Punk, do Garage, do PowerPop e do Hardcore, un disco que celebra a fidelidade a un camiño propio, sen concesións nin modas, pero tamén unha porta aberta a novas epifanías sónicas.

Galego

Depedro

Fin de xira «Un Lugar Perfecto»
A súa música levouno aos cinco continentes, con xiras por todo o continente americano, Estados Unidos, México, Arxentina, Centroamérica, Brasil, Australia e Nova Celandia, China, África, toda Europa, Rusia...
Os seus discos están publicados en máis de 30 países. As súas colaboracións son con músicos de todo o mundo, en diferentes idiomas e procedentes de moitas culturas; ese é un dos sinais de identidade do artista.
 

Galego

noitiNHAs 2025

noitiNHAs 2025 regresa coa súa 8ª edición para encher as noites compostelás de música en directo e sabores únicos. Este ciclo cultural, que se celebra no hotel NH Collection de Santiago, combina concertos vibrantes con propostas gastronómicas de primeiro nivel, creando unha experiencia sensorial completa. 
Baixo o lema "Melodías e Petiscos", cada cita ofrece unha actuación musical acompañada dunha degustación elaborada por chefs de recoñecidos restaurantes galegos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto