Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Somos Pandeireteiras

Segundo encontro de tocadoras e gran foliada aberta á cidadanía.
A primeira asociación de tocadoras galegas promove na tarde do 17 de maio a segunda Xornada Pública Somos Pandeireteiras, apoiada polo Concello de Santiago a través de Compostela Cultura.
Nas vindeiras semanas abrirase a inscrición para participar no encontro e darase a coñecer a súa programación completa en somospandeireteiras.gal
 

Galego

Film Symphony Orquestra

TARAB é un espectáculo que invita á emoción intensa. 
Baixo esta poética, Film Symphony Orchestra e o seu carismático director Constantino Martínez-Orts, propoñen unha fascinante experiencia musical inspirada en melodías de películas como Dune, Origen, Oppenheimer, Troya, La sirenita, Gravity, Frozen, El regreso de la momia, La lista de Schindler, Leyendas de pasión, Forrest Gump, The Martian, Star Wars: el ascenso de Skywalker o Animales fantásticos, entre moitas outras. 
 

Galego

Bright Eyes

Liderado por Conor Oberst, Bright Eyes consolidouse nos 2000 con discos como  “Lifted” e “I'm Wide Awake, It’s Morning”. As súas letras introspectivas e o seu estilo indie folk fixeron de Oberst unha das voces máis representativas do xénero. Tras unha pausa, a banda regresou en 2020 con “Down in the Weeds, Where the World Once Was”, amosando que as súas letras continuan a conectar  con todo tipo de público.

Galego

Glosas de ouro. Luz e esplendor do Renacemento

Para poñer punto final á edición 2025, que conmemora dez anos de música arredor dos lugares e dos órganos de Compostela, o consort francés de violas de gamba Barbaroco xunto ao organista ítalo-brasileiro afincado en Galicia, Marco Orsini-Brescia, propoñen un programa integrado polas músicas máis representativas do Renacemento musical que comeza a tomar forma a finais do século XV na Península Ibérica.

Galego

Abraham Cupeiro - Loira

Abraham Cupeiro presenta “Loira”, o seu novo álbum.
Mentres escribo estas liñas, ela, Loira, está o meu carón, como cando facia vídeos na cuarentena no sofá da miña casa. Quizais teña que ver que estea cega para que lle guste tanto a música.
Ela é mestiza, coma este disco que ten temas dispares, pezas que pasan da euforia ao recollemento, cancións que son unha escolma de temas perdidos nun caixón dende hai anos e que me apetecía que quedaran rexistrados para que os poidades desfrutar.
(Abraham Cupeiro)
 

Galego

Maraya Zydeco

Maraya Zydeco é das poucas bandas europeas que traballan o xénero do Zydeco, Cajun, etc... Segue a provocar gran espectación escoitar un acordeón interpretando esas músicas posto que na escena galega este instrumento está lóxicamente moi vinculado ao tradicional.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto