Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Catuxa Salom (trío)

Catuxa Salom é unha artista galega de raíces arxentinas e unha das voces máis potentes da escena folk electrónica do momento. No seu debut discográfico experimenta coa música tradicional galega, os ritmos latinos e as bases electrónicas, conseguindo unha sonoridade que nos conecta co noso lado máis salvaxe.

Galego

Antía Muíño

Antía Muíño converteuse nunha das revelacións da nova canción galega cando só contaba cun par de sinxelos publicados. Agora, Carta Aberta, o seu álbum debut editado por Raso, ten case 2 millóns de reproducións e ela foi escollida embaixadora de Spotify España na súa playlist EQUAL, saíndo en rotación nas marquesinas de Times Square (New York) a finais de 2022. O seu rexistro móvese entre o jazz-pop, a canción alternativa de autora e a música tradicional, sendo a súa proposta unha viaxe entre estilos perfectamente guiada pola máxica voz de Antía.

Galego

Faltriqueira

Faltriqueira encarna a corrente máis fresca do panorama xurdido das fontes da música tradicional. Fusionando a polifonía coas percusións e os instrumentos acústicos, este proxecto vocal foxe da ríxida tradición e dota de nova vida a cancións recollidas en Galicia e diversas latitudes.

Galego

Cherry Sweet

Cherry Sweet é unha banda de swing composta por tres vocalistas e tres instrumentistas que repasan sobre o escenario o repertorio clásico do xénero dun xeito divertido e contaxioso.

A formación, que comezou a súa andaina en 2015, é hoxe un referente deste estilo na escena galega, tendo participado en eventos como o Festival de Jazz de Noia, As noites brancas de Vigo, ou o Monforte Fusión.

Un concerto diferente , que fai ao publico bailar e gozar desde o primeiro minuto.

Galego

Coanhadeira

Coanhadeira nace en Ourense no ano 2006 coa intención de amosar as fermosas melodías que nos imos atopando a través da tradición oral da cultura galega.

Galego

Alana

Antía Vázquez (voz e pandeireta), Eloy Vidal (teclado, guitarra e voz) e Pablo Castro (percusións e gaita) forman Alana. Un proxecto musical que mestura a música tradicional con ritmos de base electrónica e pop. A proposta da banda parte das recollidas, un traballo feito coa colaboración de moitas mulleres e homes que desinteresadamente contribúen a preservar a riqueza da música e da tradición.

Galego

Carabela

Carabela é unha das grandes promesas da nova escena galega. O enfoque musical da banda, formada por Ana Moas na voz, Pablo Agra na guitarra e programacións, Alba V. Burke nos sintetizadores e Pablo Pazos no baixo, está enraizado no pop, na electrónica e a música tradicional, compartindo senda con grupos como Fillas de Cassandra ou Mondra, ao tempo que se orienta cara innovacións vangardistas, reflectindo unha visión contemporánea da nosa música que resoa con artistas galegas como Mercedes Peón ou Baiuca. 

Galego

Habitación Vudú

Habitación Vudú é unha banda de rock-indie da Limia (Ourense) na que atopamos a José Freiría (guitarra e voz), Xusto Freiría (batería), Rubén Seoane (baixo) e Isidro Vidal (guitarras). O proxecto nace sobre 2011 despois de que os irmáns Xusto e ,José Freiría, ligados á música dende sempre, decidisen dar orde a unha serie de ideas que tiñan compostas. Coa incorporación de Rubén Seoane no baixo, establécese a base de Habitación Vudú que foi tomando forma con diferentes incorporacións ao longo dos anos.

Galego

Uxía

Imaxinade as noites de vixilia e de foliada na catedral de Santiago de Compostela, cando despois dos cantos litúrxicos caía a noite e os peregrinos entoaban cantos aprendidos durante o Camiño. Cada grupo na súa propia propia lingua, acompañados por liras, cítaras, arpas, violíns, tímpanos, gaitas ou zanfonas nun ton festivo e con pasos de danza, entre loa e loa.

Galego

Maricarme

Maricarme é o resultado de xuntar tres recoñecidas caras do panorama musical galego: Antía Ameixeiras (Caamaño&Ameixeiras), Cibrán Seixo (Davide Salvado, Budiño) e Migui Carballido (Zeltia Irevire). Os instrumentos acústicos (violíns, pandeiros, bouzouki...) únense a sonoridades máis electrónicas (sintetizador de baixo, pads, pedais...) creando un folk orixinal e poderoso. Maricarme viaxa dende a tradición oral ás composicións propias e presenta un concerto dinámico no que prometen facervos bailar.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto