Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Focus Galicia Festival

Cuarteto Caramuxo é o único cuarteto do mundo con seis compoñentes. Catro intérpretes de clarinete, unha percusionista tradicional e un acordeonista, todos cunha variada formación académica que vai desde a música antiga ata a contemporánea ou a tradicional pasando pola pedagoxía.

Caxade, pola súa parte, presenta o seu novo proxecto persoal: indie-folk cun arrecendo a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da vella Europa. Música elegante, modesta e sinxela, surrealismo post-modernista e discurso reivindicativo, metafórico e irónico

Galego

Focus Galicia Festival

Najla Shami, cantora e compositora filla da mestizaxe palestina, galega e arxentina, que se inicia na música tradicional e avanza cara ao jazz, o funk e a world music. Conxuga á perfección a multiculturalidade e o amor pola nosa terra, como se reflicte no seu último traballo, o libro-disco Na lingua que eu falo, unha fermosa homenaxe a Rosalía de Castro.

Luar na Lubre, unha das bandas máis internacionais de Galicia, conta xa cun longo percorrido que a levou a actuar en numerosos países, espallando a cultura e a música galegas.

Galego

Focus Galicia Festival

Concerto de tres bandas de moi diferentes estilos musicais: Radio Cos, pandeireteiros que fan evolucionar a música galega de raíz de forma natural, A Banda Crebinsky, orquestra popular xurdida dun universo imaxinario, fuxida do film Crebinsky, e Som do Galpom, grupo de música de rap orgánico que mestura o hip hop, o funk e o folk.

Entrada libre previa recollida de invitación

Máis información

Galego

Orquestra Os Modernos

Como consecuencia da súa constante ansia por renovarse e a experiencia a través de tantas xiras por Europa e América do Sur e do Norte, a Orquestra Os Modernos ofrece un repertorio renovado de bailes como manda a última moda: foxtrot, baião, chotis, habaneira ou tango americana, corrido, rumba, mazurca e mesmo un avant-garde twist, sen esquecer o folclore como a muiñeira ou a xota.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nas propias salas dos concertos: Salason

 

Galego

Ensamble de acordes de Lara

O concerto forma parte do XXV Festival Internacional de Música de Pulso e Púa, que cada ano organiza a Agrupación MusicalAlbéniz. Nel participan recoñecidos músicos internacionais por diferentes concellos da nosa xeografía. Neste caso no Museo do Mar de Galicia contarase coa presenza desta formación de Venezuela, no que se unen catro, baixo, percusión e mandolina para crear melodías que engaiolan o ouvido de quen as escoita.

Galego

Pesdelán. Na punta do pé

Pesdelán é moito máis que un grupo de música. Mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos ao público, pretende recuperar o espírito participativo das festas e integrar a todas as persoas sen importar a súa idade, condición física ou experiencia.

 

 

 

Galego

Portrait-György Ligeti

Este outono comeza no Gaiás xogando en familia a través da música do compositor húngaro Gyorgy Ligeti. As terceiras Xornadas de Música Contemporánea chegan un ano máis á Cidade da Cultura da man da formación de vento Zoar Ensemble e o piano de Nicasio Gradaille cun concerto pedagóxico no que poderán disfrutar grandes de pequenos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto