Nesta ocasión o creador de A nena o grilo Magín Blanco está acompañado polos músicos Jerry Noia, María Faltri e Jorque juncal xuntos irán repasando as aventuras de A nena e o grilo e descubrindo os seus segredos, a través de cancións e contos. Os personaxes irán vivindo singulares aventuras nas que se achegarán ao mundo dende a perspectiva mesma dos nenos, sinxela e xenerosa.
Esta actuación forma parte da programación Cultura no Camiño, que leva música, teatro, maxia, danza e novo circo polos concellos onde discorren as rutas xacobeas.