Contos nas orellas
Contacontos a cargo de Bea Campos para celebrar o Día das Bibliotecas.
A biblioteca tamén agasallará os seus usuarios con marcapáxinas conmemorativos do Dia Internacional das Bibliotecas.
Contacontos a cargo de Bea Campos para celebrar o Día das Bibliotecas.
A biblioteca tamén agasallará os seus usuarios con marcapáxinas conmemorativos do Dia Internacional das Bibliotecas.
O aviador é a historia do encontro dun aviador cun moucho ao que, coma a todos os mouchos, lle gusta máis a noite que o dia. Cando escurece, séntese mellor que nunca. Pero ao amencer, énchese de tristura. O aviador vai tentalo todo para axudar ao moucho.
Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.
Un peto é un sitio ideal para gardar de todo. No peto da dereita van os contos para rir, para soñar, para namorar. No da esquerda, os de temer, os de chorar, os de esquecer. Pero nos dous hai un buraquiño por onde poden escapar e facer trasnadas.
Esta actividade forma parte da campaña de dinamización lectora Ler conta moito, da Rede Galega de Bibliotecas
Historias cheas de maxia e emoción, contos doutros tempos e outras falas, contos que farán gozar e que iniciarán aos máis pequenos no máxico camiño dos relatos e as historias.
Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.
Bico ou non bico á Rá? os sapos e as rás de hoxe en día xa non son como antes..
Actividade que forma parte da campaña de dinamización da lectura da Rede Galega de Bibliotecas, Ler conta moito
A literatura ten unha segunda vida na rede. O dixital non vén substituír o libro, senón que o complementa. As novas propostas dixitais hibridan tecnoloxía, poesía e arte e é un pracer fascinante acceder a elas. Un pracer en todos os sentidos.
Esta actividade forma parte da campaña de dinamización da lectura Ler conta moito, da Rede Galega de Bibliotecas.
Historia de misterios, homenaxe a Conan Doyle e o patrimonio galego. Mestura a oralidade coa ilustración. Rematará cun obradoiro de debuxo de temática pirata.
Esta actividade forma parte da campaña de dinamización da lectura Ler conta moito, da Rede Galega de Bibliotecas
Contos e lendas da tradición oral que Raquel Queizás escoitaba da súa avoa a todas horas e que agora nacen da memoria, dos tesouros e dos libros gardados nunha vella maleta que a acompaña a cada unha das súas actuacións.
Esta actividade forma parte da campaña de dinamización da lectura Ler conta moito, que desenvolve a Rede Galega de Bibliotecas.
Carmen Domech leva polas bibliotecas unha maleta chea de libros querendo contar a súa historia. Hainos de todo tipo: tímidos, divertidos, intrépidos, deliciosos. Cousas fantásticas contan estes libros, que os nenos e nenas asistentes poden descubrir e gozar nesta divertida e lectora sesión.
Esta actividade forma parte da campaña Ler conta moito que dinamiza a lectura polas bibliotecas públicas.
Epectáculo de Migallas Teatro baseado no libro-disco Pan de Millo. Nel combínanse cancións e narración oral co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor.
Esta actividade forma parte do programa das Bibliotecas municipais da Coruña 'Pensado para vós'.