Non máis Guerras
Educar para a paz por medio da resolución pacífica de conflitos, amosar os contos como medio de recoñecemento de situacións conflitivas e cómo nos ensinan posibles solucións, e fomentar o uso da biblioteca e a lectura.
Educar para a paz por medio da resolución pacífica de conflitos, amosar os contos como medio de recoñecemento de situacións conflitivas e cómo nos ensinan posibles solucións, e fomentar o uso da biblioteca e a lectura.
O narrador oral Santi Prego recompila para esta contada relatos propios ou vinculados coas diferentes rutas xacobeas.
Esta sesión de contacuentos forma parte de programa Cultura no Camiño que leva música, danza, maxia, novo circo e teatro polas diferentes rutas xacobeas.
A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia interpretará contos na lingua de signos para os que non poden ouvir e en voz alta para os demais.
A cargo de Trinketrinke Teatro, espectáculo para nenos e nenas de 3 a 8 anos. Nesta historia os ratos de Lonxedetodo (Ratos de Biblioteca) son grandes afeccionados á lectura. Coidan moito a súa alimentación e seguen a máxima clásica.
A sesión promove hábitos saudables na alimentación desde os contos e fomenta o uso da biblioteca e a lectura.
Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.
O abrigo é o protagonista desta historia. Olga Cuervo cúbrese con el, e del saen os obxectos necesarios para contar diferentes historias. Variados personaxes habitan neste máxico abrigo e só cobran vida cando a contacontos lla dá.
Unha morea de caixas que agochan palabras, animais e sorrisos. É un contacontos, por momentos interactivo, para nenos e nenas, e nais e pais acompañantes.
Todas as personaxes destes contos, teñen zapatos altos, baixos, de tacón, sen tacón...
Os cativos e cativas que se acheguen poden coñecer a historia de cada un deles. A actividade está dirixida a un público infantil amplo de 4 a 12 anos.
Esta actividade forma parte da campaña da dinamización da lectura da Rede Bibliotecas de Galicia Ler conta moito.
Luis explicanos as súas vivencias vitais como actor e a deriva que o ten levado a interpretar papeis de raro, de non moi listo e sempre de chungo. Farto da vida, da crise, de non ligar e sobre todo de todos este papeis de chungo… pódese afirmar que na súa carreira como actor persigueo o chunguismo, sen dúbida nengunha.
Esta progamación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nas propias salas onde se celebra: Sala Super 8
Autora e dirección: Paula Carballeira
Elenco: Marta Ríos
Sinopse: Hai pequenas que son xigantes, como Barbadac, a ogresa, filla do ogro que gardaba o tesouro das botas de sete leguas ata a chegada de Polgariño. Barbadac escolleu non gardar tesouros, senón compartilos, como Petipuá, a pulga artista, que quixo levar o seu espectáculo a todas as partes do mundo, incluída a Illa dos Salvaxes, e demostrou que non hai límites nin fronteiras para conseguir o que desexas, nin aínda sendo pequena coma unha pulga.
Dirección: Raquel Queizás
Elenco: Raquel Queizás
Dende ben pequena escoitaba os contos da avoa, pola mañá, na merenda e sobre todo pola noite. A maleta da avoa está chea de pequenos tesouros, nela vive a memoria entre libros, culeres, chapeus.. A maleta da avoa é un espectáculo de contacontos con obxectos e títeres para nenas e nenos a partir de 3 anos.