Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Bebecontos de Choupiña e Trasnón: contamos cos sentidos

As personaxes Choupiña e Trasnón preséntanlles aos máis pequenos e pequenas (de 0 a 3 anos) o bebeconto: contamos cos sentidos. Conto interactivo con uso de cores, texturas diferentes e sons variados.

Esta actividade ten unha duración de 30 minutos.

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

 

Galego

Libros en-cantados

Cantar e contar con Magín Blanco as historias das viaxes de A nena e o grilo, da locomotora María Fumaça, da Rosalía pequeniña... e quen sabe se algunha outra sorpresa traerá este músico, que transportará coas súas creacións a tantos lugares como se desexe.

Está dirixido a nenos e nenas de 3 a 10 anos anos e ten unha duración de 50 minutos.

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

A ciencia é divertida

Nos primeiros anos de vida movémonos pola curiosidade. Por iso é esencial aproveitar todos os momentos para que os nenos e as nenas aprendan da forma máis divertida. A ciencia está presente na nosa vida e os nenos e as nenas aínda o están descubrindo.

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

Contos ao revés

Contos que fomentan a igualdade e o respecto...

O espectáculo está dirixido a nenos e nenas entre os 6 e os 12 anos e ten unha duración aproximada de 45 minutos.

Esta actividade forma parte da campaña de dinamización da lectura Ler conta moito, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

Contacontos Dada o Duende

O Duende Dada deleitaranos cun repertorio de contos marabillosos, nos que se traballarán valores como a convivencia e a igualdade, o respecto polo medio ambiente ou o traballo en equipo.

O espectáculo de Ler conta moito está dirixido a nenos e nenas entre os 3 e os 12 anos.

Ten unha duración aproximada de 50 minutos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral