Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

"Galicia coa maxia"

Texto de presentación da actividade

"Galicia coa Maxia" é o novo show do mago Pedro Bugarín totalmente renovado e que se caracteriza por ser emocionante, versátil e sempre en clave de humor. Este show que percorreu máis de 100 Concellos cambia pero mantén a esencia da maxia divertida e moi moi participativa. 

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (Recomendado a partir dos 6 anos)

Duración

50 minutos

Sesións

Galego

Circo na biblioteca

Texto de presentación da actividade

Pensaches algunha vez que non era posible ter circo na túa biblio? Pensas que é imposible? Pois neste 2024 a compañía Dani Blanco, con 20 anos de experiencia, vaiche traer o mellor circo de malabares con pelotas, libros, números imposibles, equilibrios, clown, música e moito máis adaptado a todo tipo de espazos, para disfrutar en familia do mellor circo do mundo.

Programa

Contacontos de setembro a decembro

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

O que levamos nas maletas

Texto de presentación da actividade

O que levamos nas maletas é un espectáculo musical de formato individual no que Magín Blanco interpreta temas propios para os/as nenos/as como O meu país. Esta é a proposta máis cercana entre público e autor na que Magín procura a axuda e participación do público na interpretación das cancións e na resolución das cuestións que plantexa este Camiños.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (A partir de 3 anos)

Duración

Galego

Radio Bulebule

Texto de presentación da actividade

Abre as orellas! Sintoniza Radio Bulebule, transmitindo para o mundo en linguaxe universal. Irrompe no dial a emisora que soñamos e máis nos gusta. Porque dentro dela todo o universo é música. Vén vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións. Non perdas a oportunidade de sintonizar Radio Bulebule e pasalo ben cos amigos e amigas.

Programa

non

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Animaladas

Texto de presentación da actividade

A exploradora Jeanne Baret convida ao público a unha misión na selva de Pitiminí, que aínda que non é moi grande está chea de misterios e especies por descubrir. Para iso terán que achegarse moi de preto e ir adentrándose na natureza salvaxe onde coñecerán diferentes historias a través da narración de contos.

 

Programa

En Setembro... moitos contos

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Zapatiños de cartón e a carta dos bosques

Texto de presentación da actividade

Zapatiños de Cartón, o avó do Carballo con Botas, chega a biblioteca portador dunha carta dos bosques para que nenas e nenas aprendan a camiñar polas historias para coidar da tera que gardan os libros, Grazas aos libros podemos coñecer a coidar de teixos, freixos, bidueiras..., porque as bibliotecas son bosques xa que os libros algún dia foron árbores.

Programa

LER CONTA MOITO

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Pobre poesía

Texto de presentación da actividade

Pobre poesía de Xoán Curiel é un espectáculo musical, xestado ao longo de anos poñendo música a poesías e cantigas de autoras galegas e puntualmente de autoras italianas, brasileiras, portuguesas e doutras latitudes e épocas, así como poemas propios feitos canción no seu disco Nai, un traballo baseado no imaxinario e na simboloxía asociada ao feminino.

Programa

Non

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

O dragón e a bolboreta: contacontos e obradoiro

Texto de presentación da actividade

Un dragón chamado Plácido,atopa o significado do seu nome e entra en colera e frustración. Barbara a bolboreta, ao escoitar de tal dragón, emprende unha aventura para arranxar os problemas de ambos.
Entrañable historia que viaxa por emociones fortes de enfado, frustración, tristeza…atopando reposo, aventura e solución. Precioso conto visual narrado e representado.

 

Programa

MOSTRA DE TEATRO "IVÁN TOURÓN MORAIS"

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

O caracol namorado

Texto de presentación da actividade

Espectáculo que introduce no xénero da poesía a nenas e nenos pre- lectores e primeiros lectores.  As cancións do rato Fuco a partir de poemas de Manuel María ou Antonio García Teijeiro, a prosa poética de Kueta Pacovská e o seu "O Pequeno rei das flores", ademais de xogos rimados con participación do público, son os elementos que serven a tal fin.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (de 4 a 8 anos)

Duración

45 minutos

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo