Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Brinca Vai! De aquí a acolá

Texto de presentación da actividade

Brinca Vai! De aquí a acolá é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd “Brinca Vai!”, editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano e o respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe nun camiño onde a música soa con forma de sorriso.

Programa

DIA DAS BIBLIOTECAS 2024

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Circo na biblioteca

Texto de presentación da actividade

Pensaches algunha vez que non era posible ter circo na túa biblio? Pensas que é imposible? Pois neste 2024 a compañía Dani Blanco, con 20 anos de experiencia, vaiche traer o mellor circo de malabares con pelotas, libros, números imposibles, equilibrios, clown, música e moito máis adaptado a todo tipo de espazos, para disfrutar en familia do mellor circo do mundo.

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

A maxia da igualdade

Texto de presentación da actividade

Teremos como obxectivo facer ver a través da Maxia que calquera persoa é capaz de facer o que se propoña, sexa home ou muller e que basta con ler un pouco para atopar historias motivacionais de grandes mulleres que perseguiron os seus soños e alcanzaron os seus soños.

O noso proxecto de Maxia e Humor pretende facer ver que a igualdade é un obxectivo común a través de sketches humorísticos.

 

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Zapatiños de cartón e a carta dos bosques

Texto de presentación da actividade

Zapatiños de Cartón, o avó do Carballo con Botas, chega a biblioteca portador dunha carta dos bosques para que nenas e nenas aprendan a camiñar polas historias para coidar da tera que gardan os libros, Grazas aos libros podemos coñecer a coidar de teixos, freixos, bidueiras..., porque as bibliotecas son bosques xa que os libros algún dia foron árbores.

Programa

Ciclo do Mes da Biblioteca

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Filipa cos contos 2024

Texto de presentación da actividade

"Filipa cos contos 2024". Oito anos levamos con Filipa e os cos contos e queremos seguir compartindo historias e música con todos, Nesta sétima tempada engadimos novos contos e dinámicas para toda a familia: títeres, contos tradicionais, populares, autoras/es galegos, inventados... música en directo, xogos... e moita participación do público. Filipa e Fran agárdanvos de novo. Vai ser "filipante"!

Galego

Xela e o dragón

Texto de presentación da actividade

Xela, unha nena de 9 anos, ten que liberar ás súas compañeiras e compañeiros de escola, atrapados polo malvado Demo do Maltrato, quen os ten escondidos na cova do Trasno. Ata alí chegarán Xela e o Dragón, para facer valer os seus dereitos e os das súas amigas e amigos.
Espectáculo que pon en valor a importancia de respectar aos demais e de defender os valores de igualdade de xénero.

Programa

Contacontos de setembro a decembro

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Ler para crer

Texto de presentación da actividade

Joshua Kenenth presenta “Ler para crer”,  un espectáculo de ilusionismo pensado para as bibliotecas galegas no que vos animamos a descubrir a maxia da lectura a nenos e nenas mediante a arte do imposible, unha das ferramentas educativas máis potentes e no que a participación do público familiar é fundamental.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (-A partir de 4 anos)

Duración

45 minutos

Sesións

Galego

Fazulas e o ladrón de paraugas

Texto de presentación da actividade

Vive a viaxe iniciada por Fazulas e a súa teima por saber de que cor é o vento emprendendo unha fantástica aventura collido a un paraugas. Buscará entre as árbores, as nubes... precisará da axuda do Señor Moucho, da cadela Petra, do profesor e de todos vos! Queredes descubrir que fai o vento cos paraugas? Vide que ata lle podemos facer unha canción xuntos a ese gatiño curioso e parlanchín.

Programa

Galego

Onde está o vento?

Texto de presentación da actividade

Espectáculo de contacontos musical con monicreques de gomaespuma e cancións populares cantadas en directo con base instrumental.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

40 minutos

Sesións

  • Sesión única: 15/10/2024 - 11:40

Lugar de celebración

AULA DE LECTURA MUNICIPAL

Galego

Filipa cos contos 2024

Texto de presentación da actividade

"Filipa cos contos 2024". Oito anos levamos con Filipa e os cos contos e queremos seguir compartindo historias e música con todos, Nesta sétima tempada engadimos novos contos e dinámicas para toda a familia: títeres, contos tradicionais, populares, autoras/es galegos, inventados... música en directo, xogos... e moita participación do público. Filipa e Fran agárdanvos de novo. Vai ser "filipante"!

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo