Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

A orquestra de camarote

Texto de presentación da actividade

Se algo fascinaba ó príncipe Lorenzo era fedellar no faiado do pazo.  cando atopou unha caixiña músical e quedou abraiado. De tanto remexer, un día atopou un tesouro. El, que vivía baixo a influencia do Imperium Panoramium, axiña quedou enfeitizado por aquel son tan fermoso. Así comeza esta viaxe fabulosa, esplendorosa, aparatosa, pomposa e sobre todo fantastuosa! 

Programa

Contacontos de setembro a decembro

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

O tesouro

Texto de presentación da actividade

Conto dramatizado con dúas actrices, con emprego de escenografía, vestiario, atrezzo e música. Trátase dos contos: “11 damas atrevidas”, “Teresa non quere ser princesa”, “Bieito e o seu carriño”, “Unllas de cores” e “Monstro Rosa”. Da man de dúas aventureiras iremos coñecendo a estes personaxes e descubriremos o tesouro que buscan: todas e todos somos diferentes e isto é o máis divertido.
 

Programa

Mes da biblioteca en conmemoración do 24 de outubro-Día das bibliotecas

Galego

UMU: música e ritmo para bebés

Texto de presentación da actividade

"UMU"
Música e Ritmo para papás mamás e bebés
Sen fala, máis con moito ritmo e son. Xuntos somos o espectáculo. Círculo onde nace a maxia. Xogamos con instrumentos e sorpresas. E a vida, por un anaco, desenvolvese dende a rítmica, a música e o son que crea melodías. Danzamos marcando o pulso do que soa fora, e do que vive dentro tras a escoita activa nos nosos corpos.

 

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Todo está nos libros

Texto de presentación da actividade

“Todo está nos libros” Esta adicada a fomentar a lectura e a narración oral a partires do personaxe do Mago o cal ira guiando aos asistentes ao mundo máxico da lectura mediante historias tematizadas en contos a utilización de libros e cadernos de escritura, fomentando a creatividade, os valores e o interese polos libros. Mesmo tamén ao libro electrónico. Cunha participación activa do publico.

Programa

Ler conta moito

Galego

Habelas hainas.

Texto de presentación da actividade

Acompañamos a Leo Leiño nunha viaxe máxica a través das tradicións e lendas galegas, porque non cremos nas meigas, pero "habelas hainas"

Programa

O Concello cos coles

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (6 anos en adiante)

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 04/10/2024 - 11:30

Lugar de celebración

Centro de día

Galego

Fíos do querer

Texto de presentación da actividade

Cé orquestra pantasma, ofrece desta volta un formato musical agarimoso apto para a sensibilidade da primeira infancia. O emprego da voz e actitud, o suave e rítmico acompañamento musical do ukelele e do seu trebello sonoro para as costas, e as misteriosas árbores de axóuxeres que acompañan estética e harmoniosamente, consegue namorar dende o comezo do espectáculo.

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Cueiros de cores

Texto de presentación da actividade

 Hoxe acompañaremos á Ratiña Faifá facendo ximnasia: arriba, abaixo, diante, detrás, abrir, pechar... Pero nos interromperá un imprevisto en forma de necesidade fisiolóxica. Aproveitaremos este momento para falar de cueiros e penicos. E continuaremos descubrindo as nosas emocións e as dos demais a través dun divertido xogo no que o protagonista é... ¡un monstro de cores!

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

40 minutos

Galego

Unhas maxias rebuldeiras

Texto de presentación da actividade

A Maga Fani achéganos unhas sorpresas e uns ​a​​​​​braios rebuldeiros, para non deixar de escaravellar na testa, rascar na caluga ou apiñar nova información no hipocampo.
Benvid@s a un espectáculo con mollo de participación da concorrencia, maxia e risadas.
Unha escolma de aventuras, co fin de pousar encol da mesa a afirmación seguinte: os libros, as bibliotecas e as amizades son fenomenais!.
 

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

O caracol namorado

Texto de presentación da actividade

Espectáculo que introduce no xénero da poesía a nenas e nenos pre- lectores e primeiros lectores.  As cancións do rato Fuco a partir de poemas de Manuel María ou Antonio García Teijeiro, a prosa poética de Kueta Pacovská e o seu "O Pequeno rei das flores", ademais de xogos rimados con participación do público, son os elementos que serven a tal fin.

Programa

Ciclo do Mes da Biblioteca

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Enleada de enredos

Texto de presentación da actividade

Benvid@s a un feixe de despropósitos, chilindradas e trangalladas varias.
Benvid@s a unha morea de enredos máis sorprendentes que escoitar galego no centro da Coruña.
Benvid@s a nunha representación escénica máis insospeitada que atopar un programa cultural na televisión.
En resumo, un espectáculo de maxia, humor e participación da concorrencia para ollar coas orellas moi abertas.
 

Programa

LER CONTA MOITO

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo