Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

A Raíña Lupa

A Raíña Lupa é unha peza en tres actos interpretada por Teresa Nova, Javier Palacios, Diego Neira, Axier Sánchez, Clara Jelihovshi, María José Ladra e Gabriel Alonso.  A música póñena a Coral Polifónica Follas Novas e o piano de Gabriel López.

Arías, duos, tríos, cuartetos e coros compoñen esta ópera galega.

Galego

Cidade Imaxinaria 2016

Equilibristas, pallasos, malabaristas e personaxes do máis curioso daranse cita o sábado 20 de agosto, cando o Gaiás volverá converterse nunha Cidade Imaxinaria. Todo un día cheo de espectáculos, xogos e obradoiros ao aire libre para toda a familia. Entre as 11:00 e as 20:30 horas, o Gaiás volverá ao mundo da maxia, o teatro e o xogo nun ambiente cheo de cor, humor e música no que gozarán grandes e pequenos.

Galego

Menú da noite

Un menú a base de música de Budiño e Kepa Junquera, baile e moitor humor. É a receta que propoñen Luis Dávila e Carlos Blanco que volven a xuntarse nos escenarios co espectáculo 'Menú da noite'. Un traballo a dúo no que Dávida e Blanco deixan (momentaneamente) a falda escocesa e visténse de gala para viaxar a Broadway ofrecendo unha xenial comedia con cobertura visual.

Risas aseguradas nos dous pases. O prezo da entrada en venda anticipada vai dos 8 aos 12 euros e o día da función irá dos 10 aos 15 euros. 

Galego

West Side Story

Música, voces e traballadas coreografías nun espectáculo con 30 artistas sobre o escenario que xa viron máis de 20.000.000 espectadores.

O musical máis visto de todos os tempos anda de xira europea e fai parada en Ourense a onde chega disposto a facer vibrar cun espectáculo onde non faltan o ritmo, a música e a maxia do baile. 

Unha trintena de artistas subidos no escenario dando vida á rivalidade existente entre dúas bandas do West End neoiorquino na década dos 50. Dispútanse o control das rúas, pero unha historia de amor vai facer que algo cambie. 

 

Galego

Cabaret Infantil Prodixio

As irmáns prodixio viaxan polo mundo desde que son pequenas cunha chea de maletas e curiosos obxectos que agochan as máis peculiares e divertidas historias. Son moitas as nenas e nenos que tiveron a sorte de coñecelas por todas partes, pero...só hai un detalle...nunca ninguén as viu xuntas nunha mesma habitación...

Que curiosos poderes agochan As Irmáns Prodixio?

Actividade de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

O xigante

Espectáculo infantil para os cativos con libros e historias ao redor da figura literaria do Xigante, da compañía Elefante Elegante.

Teatro dentro das actividades de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

O aloumiño dunha estrela

Sinopse da actividade: Se estarricamos moito os nosos brazos, moi lonxe, cara o ceo, parécenos tocar as estrelas coa punta dos nosos dedos. Parece imposible, non si? Nun espazo baleiro agromarán estrelas que brillan e nos rodean. Para bailar entre elas, para que as pequeniñas e os pequerrechos experimenten a marabilla da beleza. Porque rabuñar a bóveda celeste coas puntas dos seus dediños é posíble.

Actividade de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo