Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Cara pintada

A escena desta obra preséntase coma unha exposición de marcos baleiros, sen ningún contido, co obxectivo de dar renda solta ao noso imaxinario. O corpo preséntase neste espazo coma un obxecto máis, como un recipiente que se vai enchendo, cargando e transformando ata que perde a súa forma e se disolve no seu contido.

Galego

Ler e bailar. Os Eidos

Como seguir bailando hoxe en día? Pois lendo… Como seguir lendo hoxe en día? Pois bailando…Con esta proposta convidamos a/o espectador/a a asistir a unha lectura bailada en voz alta da obra Os Eidos, escrita por Uxío Novoneyra en 1955, coa cidade de Santiago de Compostela como fondo e o Monte Gaiás como testemuña. Un fluxo continuo, un non poder parar. Como os cantos rodados dun regato, ler e bailar, case ao unísono. Ler e bailar. (Idoia Zabaleta)

Galego

Mornigs

Trátase dun espectáculo de teatro musical onde os protagonistas, os MORNINGS navegan nun contexto atemporal pero, inspirado na estética e na música dos anos 60 rescatando temas e versioneando a Rita Pavone, The Turtles, Mina e Adriano Celentano, Nancy Sinatra e Sandy Shaw, entre outros.
A idea de situalos nesta época nace co afán de recupera-la inocencia perdida, a ilusión daqueles anos que espertaban dun momento histórico tráxico e que significaba unha apertura de ideas e de liberación na moral que foi transmitida na arte, na moda e na música.

Galego

Pequena Max

Pequena Max fala da marabillosa capacidade da infancia de crear e recrear mundos inventados e amigos imaxinados, onde todo é posible, sen fronteira entre o real e loimaginario, e a valentía que supón ser diferente nesta sociedade.

Baixo o apaixonante estudo da figura do amigo imaxinario, o espectáculo abre a porta a un mundo interior. O público é convidado ca un ensaio de vida, un refuxio ocupado por dous amigos que se acompañan no descubrimento das súas emocións.

Autor: Jokin Oregi, Elisa Vargas

Dirección e adaptación: Elisa Vargas

Galego

Insulto ao público

“Nunha entrevista a Peter Handke preguntáronlle que era para el América cando era novo. O primeiro que dixo foi -Pois…Walt Whitman-. Para nós hai uns versos de Walt Whitman que reflicten perfectamente o espírito de Insulto ó público e o espírito da adolescencia.

Que eu me contradigo?
Pois si, contradígome. E, que?
(Eu son inmenso, conteño multitudes.)

Galego

Um museo vivo de memórias pequenas e esquecidas

Peza documental sobre as memorias oficiais-non oficiais da dictatura portuguesa (1926-1974) e a Revolución (1974-1975).

A través dun longo e exhaustivo proceso de investigación e recollida de testemuñas, Joana Craveiro -directora artística de Teatro do Vestido- constrúe unha maratón de catro horas e media de historia e memoria e a relación entre memorias problemáticas e conflitivas e a ausencia de estados políticos de memoria en Portugal respecto da súa recente historia.

Galego

Poemas sem(ser) tido

Exposición espectáculo poético-audiovisual  ao redor da poesía de Carlos Da Aira, que se mestura e integra con actuacións musicais nas que colaboran amigos do artista.

Cantareiras, estrelas do rock ou do reggae, pedras do camiño, aparellos que falan en herzios, a memoria, a loita, o amor, a rabia, a anarquia e o caos... todo isto enriba dun escenario sem (ser)tido.

Galego

Arquive

En Archive, Arkadi Zaides profunda na súa exploración artística do conflito entre Israel e Palestina. O artista válese das imaxes tomadas polos voluntarios do Proxecto B’Tselem, unha iniciativa do Centro de Información Israelí para os Dereitos Humanos nos Territorios Ocupados, que dende 2007 distribúe cámaras de vídeo entre palestinos que viven en zonas de alto conflito para documentar as violacións de dereitos humanos e expoñer a realidade da vida baixo a ocupación.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo