Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Catalino Lino LIna

Unha peza teatral enfocada a transmitirlle ao público de 3 a 12 anos a paixón polos libros.

Catalina Lino Lina, farta de agardar a que alguén abra as páxinas do libro no que habita para poder cobrar vida, decide escapar para vivir as súas propias aventuras.

Espectáculo para o programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

O poeta do Miño, unha homenaxe a Manuel María

A perda da inspiración dun poeta de moita sona desencadea unha viaxe polo Miño. Aventuras, amor, xeografía e moito Manuel María.

Relaciónase a oralidade coa ilustración, para rematar cun obradoiro de debuxo da caricatura de Manuel María. A cargo de Polo correo do vento.

Actividade do Programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Para público infantil a partir de 3 anos.

Salón de Actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

 

Galego

Unha marimba no mar

As dúas actrices deste espectáculo propóñénlles aos cativos e cativas participantes unha divertida viaxe nunha particular embarcación-marimba, onde xorden historias, música e moitas sorpresas.

Actividade de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

As historias do Kamishibai

As historias do Kamishibai están apoiadas por revisións persoais sobre o Kamishibai, a técnica de pergamiño ilustrado (emaki) o teatro de obxectos, o teatro francés de papel e as técnicas de despregabres pop-up, configurando un mundo máxico no ollo do espectador.

Actividade dentro da programación de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

Bibliocanta

BiblioCanta é a fórmula marabillosa para que os nenos e nenas se acheguen ó cancioneiro tradicional galego á vez que saborean e desfrutan das cancións propostas. Permitindo recuperar e que non caian no esquecemento estes ditos, recitados e cancións transformándose de novo nunha forma de lecer e de expresión.

Actividade de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

A danza da choiva

María Torres e Gonçalo Guerreiro son os autores, directores e intérpretes de ‘A danza da choiva’, para a que contan coa música de Mano Panforreteiro, as coreografías de Ánxela Blanco, o vestiario de Marcia Atelier Efímero, as marionetas de Os Monicreques de Kukas e a iluminación de Dani Pais.

A produción escénica emprega unha linguaxe visual, corporal e estética para abordar os efectos do cambio climático.

Máis información

Galego

Hakuna Matata

Espectáculo de pasarrúas para todos os públicos.

Sinopse: Nika chega puntual, coma sempre, ao punto de quedada, o sitio onde tiña que estar montada a carpa do Gran Circo Krasnobarak, pero… que acontece? Non hai carpa! Tampouco está Pepo o paiaso, nin os irmáns trapecistas…. non hai ninguén!

Pasado un anaco aparece Igor, o director e domador do circo, e resulta que hai un problema maior: os animais do circo andan perdidos pola cidade!! Haberá que saír a buscalos!

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo