By Heart
En By Heart, Tiago Rodrigues ensínalles un poema que descoñecen a dez persoas. En canto llelo ensina, Rodrigues vai esfiando historias sobre a súa avoa case cega mesturadas con historias sobre escritores e personaxes de libros que, dalgún modo, están ligadas á súa avoa e a el mesmo.