Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Very very big international magic show

O patrón dun circo no que xa non traballa ninguén vese obrigado a disfrazarse de diferentes artistas para non ter que pechar o seu negocio. Parodiando a diferentes personaxes intentará levantar o espectáculo, pero durante o transcurso do show as cousas complicaránse.
Ilusionimo teatral con comedia, maxia musical, manipulación de cartas, malabarismo, clown, mentalismo, hipnose, etc.

 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

 

Galego

O Camiño de Santiago

Esta é a historia de dous irmáns: Santiago e Peque. É a aventura que emprenden para aprender a verse, e escoitarse de verdade, a aceptar ao outro tal e como é, coas súas virtudes e defectos. É un camiño desde o egoísmo cara á solidariedade e á tolerancia. Santiago e Peque aprenderán a apreciarse e quererse como irmáns, cantando e bailando ao son da música orixinal do espectáculo.

 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

 

Galego

Os casos de Sherlock Holmes

O famoso detective Sherlock Holmes tentará resolver outro emocionante caso. As xoias da Mansión dos Patterson foron roubadas. Sospéitase de todo o personal que traballa na casa, de todo aquel que estivera polas cercanías da Mansión o día do roubo. Coa axuda do público o famoso detective tentará descubrir ao culpable e recuperar as xoias.

 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Galego

O cabaret máxico

O patrón dun circo no que xa non traballa ninguén debido á escasez de medios e á crise, verase na obriga de parodiar a todos os artistas do show para levantar o espectáculo. Pero, para desconcerto do público, as cousas iránse complicando ó longo do transcurso da representación.

Galego

Sede de mal

Luis Iglesia B. e Xabier Deive dan renda solta ao seu lado máis salvaxe e divertido e presentan SEDE DE MAL unha comedia a 12 cordas sobre o lado escuro da vida… 
Sinónimos e sinónimas estes dous anónimos quedaron sen vacacións para ofrecerlle o seu público unha comedia da vida, unhas ensinanzas evanxélicas, un ”leit motiv” para non ser un pinpin!!!
Humor, teatro, música ao vivo con blues e rock and roll "á galega" con dúas das personaxes máis importantes da escena galega dos últimos anos.

 

Galego

Ao Ritmo da Maxia polo Camiño

Unha aposta pola maxia e a música en directo para levar as ilusións ós diversos espazos escénicos galegos.
Ao Ritmo da Maxia é un espectáculo dinámico e interactivo creado para dar entretemento e diversión a través de varios ámbitos da maxia nun formato orixinal.
Martín Camiña levará a curiosidade, o suspense e a ilusión  cunha ambientación compartida no escenario co grupo Muras Triofunk do músico Álvaro Muras para que o espectador de renda solta á imaxinación e disfrute do mesmo.

 

Galego

22º FITEUC

A 22ª edición do FITEUC, o Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña, terá lugar no Centro Ágora, Fórum Metropolitano, Teatro Rosalía e Teatro Colón.

6 de abril, no ÁGORA: Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela, "Sweeney Todd", de Christopher Bond, versión de Roberto Salgueiro.
7 de abril, no FÓRUM METROPOLITANO: Grupo de teatro Nova da Universidade de Lisboa: "Ectasy", de Irvine Welsh.
8 de abril, no TEATRO ROSALÍA: Encontro de danza

Galego

HEIAN

Heian é un espectáculo multidisciplinar onde circo, danza acrobática e música en directo fusiónanse para ofrecer ao espectador unha proposta cargada de forza e sensibilidade. A obra describe unha viaxe cara a un estado emocional, onde o diálogo entre música, movemento e control corporal xerará un carreiro de emocións que nos transportará a un estado de calma. Heian: do Xaponés Paz e Tranquilidade.

Galego

Mostra de Teatro Universitario de Ourense - MITEU

A programación inclúe un total de 35 actividades entre as que hai 27 espectáculos teatrais de compañías de nove países e catro continentes.

A 20ª MITEU inaugúrase o xoves, día 16 de abril, coa estrea dun espectáculo de rúa titulado: Donos do tempo, pola Aula de Teatro Universitaria Rosaura. Será ás 19.00 horas nas rúas Paseo e Bedoya. A representación ten unha duración aproximada de 60 minutos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo