Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Sueños de arena

Premio FETEN 2015 pola súa orixinalidade, precisión e musicalidade.

Estamos afeitos ver a arte como algo que perdura no tempo, como unha obra que segue sendo viva logo da morte do artista. Pero o arte tamén pode ser efémero, pode ser arte por un instante, sen necesidade de converterse en perdurable.

Borja González, da compañía Ytuquepintas, presenta un espectáculo multidisciplinario que combina arte con area, circo, música en directo, marionetas de gran formato e pintura rápida.

Galego

Gala de humor

Gala dentro da campaña a favor da Asociación Alba Pérez de loita contra o cancro infantil.

Dita campaña, empeza oficialmente o 15 de marzo e finalizará o 15 de xullo deste ano, coa intención de recadar o maior número de fondos para a investigación do cancro infantil. A campaña contará con dous puntos álxidos que serán a celebración de dous eventos, unha gala humorística que se celebrará o día 2 de abril na Multiusos Avenida e un festival de música o día 4 de xullo no Pavillón Municipal.

 

Galego

No Pensar

A poucos minutos dun discurso crucial ante a prensa, o Presidente do Goberno reflexiona sobre diversos episodios da súa vida que axudarán a entender como alguén coma el puido chegar a presidente dun país de 45 millóns de persoas. Porque todo ten unha explicación...
Escrito, dirixido e interpretado por Carlos Meixide.

Galego

The Martes Class

Un espectáculo único, persoal e intransferible sobre os grandes protagonistas de onte e de hoxe. Un xogo interactivo que segue o curso da Historia coa música como aliada. Un cabaret-media para todos os públicos.

Galego

Habelas Hainas

En 2009 cando estas catro rapazas crean o proxecto Habelas Hainas. Catro multiinstrumentistas que partindo da música tradicional, exploran eidos artísticos como a teatralidade e as artes plásticas e visuais facendo de cada espectáculo algo diferente e senlleiro, sempre dende unha ollada feminina e plural.

Isto lévaas a explorar outras músicas, crear os seus propios temas e experimentar coa tradición; tal inquedanza permanente reflíctese na indagación e aproveitamento dos diferentes recursos dos instrumentos tradicionais creando un son enérxico, fresco e orixinal.

Galego

Xacarandaina, Gala do Patrimonio Inmaterial

Este espectáculo está pensado para promocionar e dar visibilidade á petición que se vai facer da declaración de BIC (Ben de Interese Cultural), para despois presentar a candidatura 'Baile e música de Galicia' a Patrimonio Inmaterial da Humanidade diante da UNESCO.

Nesta Gala mestúranse os bailes, músicas e vestiarios do GMBT Xacarandaina con actuacións de xente do pobo que viviron o folclore e souberon gardalo, sendo os verdadeiros transmisores e baluartes da riqueza e autenticidade das artes inmateriais galegas.

Galego

Vén Respirar 2015

Festa tradicional itinerante que conta con actuacións de músicas ao vivo.
Organizada polas asociacións Gomes Mouro e Algaravía que ten por obxectivo achegar a música e danza tradicionais galegas.

No final, aberto a persoas ou grupos que queiran tocar, simplemente deberán comunicalo á organización para establecer unha rolda de quendas.

 

Galego

Olladas teatrais.Teatro en feminino

A asociación sociocultural das Artes Escénicas, EXEMPLA, a Sala Gurugú de A Coruña e as compañías, Dantea Teatro e Teterella Teatro organizan do 20 de marzo ao 29 de maio unha mostra teatral que reflicte a ollada da muller nos diferentes ámbitos teatrais, mediante a representación de obras nas que as mulleres participan de forma activa como directoras, dramaturgas ou actrices, como un xeito de reivindicar a presenza da muller nos diferentes ámbitos teatrais.

Relación de compañías e actores e actrices:

Galego

Leyendas cosacas

O espectáculo preséntase coma unha viaxe pola tradición cosaca con moitos efectos escénicos, proxeccións, espectaculares traxes, que representan historia e tradicións de múltiples rexións onde vivían os cosacos: dende o río Don e o mar Negro ata Siberia e o afastado Oriente. O seu repertorio compóñeno máis de 20 danzas, 50 cancións, e múltiples composicións instrumentais.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo