Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Camiño a Compostela!

Texto de presentación da actividade

Atención, sodes un grupo de peregrinas e peregrinos que están a vivir unha aventura inimaxinable camiño a Compostela!
Neste xigantesco xogo da oca avanzaremos cara Compostela mentras coñecemos historias reais de persoas que fixeron o Camiño ao longo da historia deixándonos a súa pegada, inventamos cantigas, resolvemos adiviñas e descubrimos a relación entre as viaxes, os libros e a liberdade. 

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Camiño a Compostela!

Texto de presentación da actividade

Atención, sodes un grupo de peregrinas e peregrinos que están a vivir unha aventura inimaxinable camiño a Compostela!
Neste xigantesco xogo da oca avanzaremos cara Compostela mentras coñecemos historias reais de persoas que fixeron o Camiño ao longo da historia deixándonos a súa pegada, inventamos cantigas, resolvemos adiviñas e descubrimos a relación entre as viaxes, os libros e a liberdade. 

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Muller, poeta, en galego e... polo mundo!

Texto de presentación da actividade

Abrirse paso nas letras como muller, galega e poeta non amedrentou a quen comezou en 1995 con só 17 anos. Nunha charla amena, íntima e empoderadora, aderezada con anécdotas e poemas, unha das poetas máis populares e internacionais –Premio Nacional de Poesía– contaranos como analizou, atopou explicación e máis tarde superou os obstáculos, prexuízos e actitudes patriarcais con enerxía e esperanza.

Programa

PRAZA DOS LIBROS 2024

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Encontro coa autora arredor de "As Alumnas"

Texto de presentación da actividade

Falemos de teatro, de ler teatro e imaxinalo. Arredor da peza "As alumnas", a súa autora, Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023, conversará sobre o proceso creativo dunha obra teatral, das mulleres na historia, na educación, de memoria e identidade.

Programa

PRAZA DOS LIBROS 2024

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público adulto

Duración

50 minutos

Sesións

Galego

O xogo das escritoras

Texto de presentación da actividade

Divertido e xigantesco xogo da oca no que, amais de subir e baixar polo taboleiro, as persoas participantes buscarán nos libros da biblioteca, escribirán, debuxarán e espremerán os miolos para superar as actividades propostas, relacionadas coa literatura escrita por mulleres. Unha actividade adaptable á idade das participantes e pensada para o Día das Escritoras ou para calquera outro día do ano.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

Galego

Da árbore ao libro

Texto de presentación da actividade

Como se fai un libro? Que agocha dentro ademais dunha historia? Cantas persoas fan falla para facelo? Que clases de libros hai? En Cuarto de Inverno somos parte do nacemento do libro como un obxecto, pero a historia é máis antiga. Nunha sesión de contacontos manipulativo poderemos ver distintos materiais para elaborar un libro, veremos os libros máis raros da historia e faremos un minilibro.

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Verán fantástico: coñece o xénero fantástico

Este verán, no Espazo Xove exploramos o xénero fantástico. Coñece como se caracteriza a literatura fantástica, cales son os seus subxéneros, os seus premios destacados, que a diferenza da ciencia ficción ou de que falamos cando mencionamos a alta e baixa fantasía. 

Ademáis, temos preparada unha selección de obras fantásticas entre as que atoparás clásicos, rettelings, novelas máis modernas e outras tantas premiadas nacional e internacionalmente.

E se che apetece, anímate a seguir o noso bingo de fantasía estes meses. Conseguirás facer liña?

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades