Ouriol. Ritos de resistencia
Ritos de resistencia é un recital multidisciplinar (poesía, música e imaxe) que ten como eixo central os poemas de Luísa Villalta, autora homenaxeada neste ano 2024 co Día das Letras Galegas.
O recital, dunha duración aproximada de 60 minutos, consiste no recitado dos poemas por parte da poeta e comunicadora Eva Veiga, ao tempo que os músicos Bernardo Martínez (percusión e xoguetes musicais) e Fito Ares ( frauta e saxo soprano) inter-actúan de forma instantánea coa palabra a través das suxestivas sonoridades dos instrumentos.